A investigación da profesora María José Domínguez, galardoada co selo Humboldt pola súa excelencia científica

O proxecto de investigación premiado nesta convocatoria versa sobre gramática contrastiva español-alemán, un ámbito no que, xunto coa lexicografía e a teoría de valencias, María José Domínguez Vázquez é especialista e no que ten publicado numerosas monografías, capítulos e artigos en revistas de impacto internacional.
María José Domínguez Vázquez
Membro do grupo de investigación ‘Textos e contextos alemáns: sincronía e diacronía (Humboldt)’ da USC - que actualmente desenvolve 5 proxectos competitivos-, lidera un proxecto sobre a elaboración dun corpus bilingüe informatizado e dun dicionario en liña para español e alemán financiado pola Xunta de Galicia e participa noutros nacionais e internacionais.
María José Domínguez coordina ademais o Máster Europeo en Lexicografía Teórica e Práctica que promove un consorcio internacional de 15 universidades e centros de investigación europeos, americanos e africanos.
Gabinete de Comunicación da USC