Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Novo sitio temático de linguas estranxeiras no portal educativo da Xunta

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria continúa co camiño de renovación e integración dos espazos web temáticos no seu Portal Educativo. No marco desta actuación presenta a nova web de linguas estranxeiras, un sitio temático que recolle toda a información e recursos relevantes relacionados co ámbito das linguas estranxeiras, mellorando as canles de comunicación con toda a comunidade educativa.

A actuación forma parte do proxecto global de integración dos Sitios Temáticos no Portal Educativo, grazas ao que se irán renovando e integrando os existentes ao tempo que se crearán os novos espazos de Innovación Educativa, Atención á Diversidade e Orientación, Lexislación e Educación Viaria.

Fácil acceso á información

Deste xeito, a través desta nova web, os interesados poden coñecer todo o relativo ás iniciativas postas en marcha pola Consellería para a potenciación das linguas estranxeiras. Desde a súa portada pódese acceder directamente a calquera das súas seccións, dende programas ata recursos, pasando por formación, normativa e novas. Ademais disto, conta cos datos de contacto desta sección e ofrece a posibilidade de seleccionar subscricións RSS ás novas xeradas na web.

A integración no portal educativo optimiza o xeito de xestionar a información ofrecida e facilita a pescuda temática mediante a utilización dun mesmo buscador común a todos os espazos temáticos integrados. O feito de formar parte dunha mesma estrutura mellorará a accesibilidade e facilitará a utilización dos recursos e da información que se ofrece á comunidade educativa.

Este portal é unha nova demostración do traballo de actualización dos espazos web que esta a desenvolver a Consellería, os cales supoñen unha clara aposta polas novas tecnoloxías e a transparencia na información pública.

O novo acceso non só beneficiará a todas as galegas e galegos, senón que pasa a ser un novo punto de información para os profesionais da educación, permitíndolles un acceso máis rápido á información que precisan para desenvolver o seu labor educativo. Neste punto a Consellería destaca a profesionalidade e bo facer do profesorado e o seu constante interese a prol da Educación, que é clave na formación dos estudantes galegos.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información