Preséntase no MUPEGA o documental Lembranzas da infancia. Recordos da escola
O Museo Pedagóxico Galego (MUPEGA) acolle o venres 23 de setembro de 2011, a partir das 18:00 horas, a estrea do documental “Lembranzas da infancia. Recordos da ecola”, un proxecto de IMAXINA, S.L. con unha subvención ao desenvolvemento por parte do AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais).A obra, na que se analizan as achegas culturais e educativas da emigración galega nos principios do século XX, realizouse ao longo de dous anos, percorrendo para iso máis de 7000km. Polas distintas parroquias e municipios galegos.
“Lembranzas da infancia. Recordos da Escola”, un traballo que firman Daniel Vázquez Vila como director e Jaime Pardo Valdés como productor executivo, resposta a unha exhaustiva labor de investigación e inclúe a recreación de diveros episodios históricos así como unha novedosa documentación gráfica e entrevistas a varios especialistas na materia.
As recreacións históricas, ambientadas a principios do pasado século, foron gravadas en Santaballa, Villalba, na Liga Santaballesa, coa participación de tódolos veciños do municipio, surxindo da dramatización, que presenta feitos e situacións reais reconstruidas parcialmente, a mediometraxe “O legado migratorio Santaballés”.
O documental, de 54 minutos de duración, é o resultado dun duro traballo de búsqueda que recolle a testemuña de numerosos historiadores, como Domingo González Lopo, Marisa Pazos, Antonio Prado, Raúl Soutelo, especialistas en educación, como Emilio Castro, Antón Costa, Narciso de Gabriel, Eugenio Otero e Vicente Peña, entre outros, que nos achegan os aspectos menos coñecidos deste acontecemento significativo da nosa historia, o impacto da emigración a principios do século XX na educación da época.
Ao acto acudirán representantes de distintas institucións académicas e culturais, ademáis de representantes da Secretaría Xeral de Emigración, da Consellería de Cultura, de Educaión, das catro deputacións galegas e de distintos concellos onde perviven os aportes educativos e a impronta cultural e inmaterial da emigración.
IMAXINA-TALLER DE CREACIÓN AUDIOVISUAL S.L., que se define en catro sectores específicos: audiovisual, recreacións 3D, multimedia e teleformación, nace da unión de varios profesionais dos distintos sectores que abarca, que deciden unir o seu talento e entusiasmo para apostar por unha nova empresa na que se fusionan a calidade, a orixinalidade e o constante desafío.
O percorrido no sector audiovisual vén respaldado por traballos xa consagrados, como é o caso do documental “O Mariscal, lenda, mito e realidade”, dirixido por Damián Varela, onde o noso equipo, ao igual que nos demáis proxectos, abarca tódalas áreas dunha produción, comezando pola idea e rematando con unha realidade.
IMAXINA conta con unha traxectoria profesional avalada pola confianza que ao longo dos anos seguen depositando os clientes na empresa.
Imaxina, S.L.


