Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A USC e a Xunta asinan un convenio de colaboración para o uso da Cidade da Cultura

A USC e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia acaban de establecer un marco de actuación que regulará a súa relación no desenvolvemento de actuacións conxuntas en actividades culturais, científicas, pedagóxicas, de investigación e outras que resulten de interese para ambas institucións. A colaboración quedou formalizada coa sinatura protocolaria dun convenio marco que subscribiron o reitor da USC, Juan Casares, e o e conselleiro de Cultura, Roberto Varela, en calidade de presidente do Padroado da Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

A USC e a Fundación sentan deste xeito as bases para, nos vindeiros dous anos –período de vixencia do acordo-, executar proxectos e programas de investigación e desenvolvemento, a realizar entre os institutos e centros da USC e a Fundación. O acordo abre tamén ás portas á cooperación en programas de formación de persoal investigador, técnico e de administración, así como o asesoramento mutuo en cuestións relacionadas coas respectivas actividades das partes asinantes.

O intercambio de persoal e a organización e execución de actividades comúns relacionadas coa promoción social da investigación, a docencia e o desenvolvemento tecnolóxico serán outros eidos nos que a universidade compostelá e Cidade da Cultura cooperarán.

Tras a sinatura do acordo, o conselleiro asegurou que para a Fundación Cidade da Cultura de Galicia é “unha honra” poder colaborar coa USC, “unha institución que atesoura tras de si máis de cinco séculos de dedicación á produción e difusión do coñecemento”. Varela destacou o papel da USC como “cerne da cultura galega” e asegurou que a Fundación traballa “para axudar a vertebrar a nosa cultura, para contribuír a que siga medrando e para difundila dentro e fóra das nosas fronteiras”.

No mesmo acto, Casares e Varela subscribiron tamén unha colaboración en virtude da que a Fundación Cidade da Cultura financia as carpetas-axendas que a USC entrega ao seu alumnado coa matrícula. Esta colaboración abarcará o presente curso académico, incorporando o nome e anagrama da Fundación de xeito visible nas citadas carpetas.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información