Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Consorcio Audiovisual apoia o cine galego no Festival de San Sebastián

O Consorcio Audiovisual de Galicia apoia a presenza do cine galego no festival de San Sebastián

O Consorcio Audiovisual de Galicia, ao abeiro do convenio subscrito co Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para a realización de actividades de promoción internacional do sector audiovisual galego, estará presente na 59ª edición do Festival Internacional de Cine de San Sebastián, para apoiar a dúas producións galegas seleccionadas a concurso na prestixiosa sección Zabaltegui, parella á sección oficial. As películas elixidas son Tralas luces, de Sandra Sánchez, e a animación Arrugas, de Ignacio Ferreras.

A promoción e a internacionalización do audiovisual galego é unha das prioridades do sector coa que a Xunta de Galicia se sinte especialmente comprometida. Nesta liña de promoción e apoio, o Consorcio Audiovisual de Galicia, organismo presidido polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, organizará para a prensa especializada e os profesionais acreditados no Festival de San Sebastián, o único de clase A en España, unha recepción o próximo domingo 18 de setembro na sé principal do Kursaal, que ademais contará coa colaboración da empresa Blusens e das bodegas galegas Quinta do Buble e Lagar de Costa.

O filme Tralas luces, coproducido por Tic Tac Producciones e realizado por Sandra Sánchez no seu debut na longametraxe, recrea en clave documental a peripecia dunha familia de feirantes ambulantes a través da muller da familia por varias localidades do norte. Pola súa banda, a animación Arrugas, de Ignacio Ferreras, coproducida por Perro Verde e baseada no cómic de Paco Roca, que foi premio nacional da especialidade en 2010, céntrase na historia dun grupo de maiores internos nunha residencia que reciben o ingreso dun compañeiro con principio de Alzheimer. Para evitar que pase á planta de asistidos, eufemismo que esconde aos deshauciados, promoverán un plan que o impida.

Co obxectivo de contribuír á máxima difusión do produto audiovisual galego e á creación de novas liñas de negocio, o Consorcio Audiovisual de Galicia tamén terá presenza, co apoio do Igape, no MIPCOM de Cannes, o mercado de referencia a nivel mundial en canto a contidos audiovisuais, e no encontro Ventana Sur de Bos Aires, o máis importante foro de compra-venta de produto cinematográfico de América Latina.

Con anterioridade, nesta mesma liña de accións destinadas a consolidar e reforzar a presenza exterior do produto audiovisual galego, o Consorcio xa participou no European Film Market, que se desenvolveu en Berlín entre os días 10 e 18 de febreiro en paralelo á LXI edición da Berlinale e en tres eventos centrais no mercado audiovisual internacional que tiveron lugar en Cannes.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información