Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Cidade da Cultura financiará unha proposta do Encontro de Artistas Novos

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, recibiu aos cen mozos que participan no I Encontro de Artistas Novos. Cidade da Cultura de Galicia expresándolles “o compromiso do Gaiás cos creadores novos” e a vocación desta infraestrutura cultural de converterse “nunha plataforma que dea visibilidade ás novas propostas artísticas e nun espazo aberto ao diálogo, á reflexión e ao intercambio de experiencias”. Os cen participantes terán a oportunidade de presentar as súas propostas artísticas e unha delas será escollida pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia, que financiará a súa produción para despois incluíla na exposición Inside. Nesta mostra, que se presentará en novembro, participarán artistas como Marlon de Azambuja, Pamen Pereira, Alicia Martín e Damián Ucieda, Jorge Perianes ou Helena Fernández.

“Nestes seis días de convivencia teredes a oportunidade de compartir experiencias con artistas que levan anos traballando, con directores de museo, deseñadores ou comisarios de exposicións. Estou seguro de que todos eles aportarán coñecementos, estímulos e enerxía aos vosos proxectos”, asegurou o conselleiro, acompañado pola directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño, e os dous codirectores do encontro, o director de Acción Cultural da Fundación Cidade da Cultura, Ignacio Santos, e o comisario independente e ex director do Musac, Rafael Doctor.

O participantes, que se aloxarán no Monte do Gozo, participarán ata o próximo venres en conferencias e obradoiros, nos que poderán entrar en contacto con artistas como Pierre Gonnord, Ana Soler, Antonio Ballester, Carles Congost, Daniel Canogar, Victoria Diehl, Rubén Ramos Balsa, Marina Núñez, José Luis Serzo ou Suso Fandiño. Ademais, traballarán con directores de museos galegos, como Miguel von Hafe, responsable do Centro Galego de Arte Contemporánea, Iñaki Martínez Antelo, do Museo Marco de Vigo, ou Carmen Fernández Rivera, directora do Macuf, e tamén comisarios como David Barro.

Exposición ‘Inside’

Como novidade, un dos codirectores do encontro, Ignacio Santos Cidrás, anunciou na súa conferencia inaugural que a Cidade da Cultura de Galicia daralle a un dos participantes a oportunidade de participar na exposición Inside, un proxecto que será presentado en novembro e que levan a cabo coñecidos artistas como Marlon de Azambuja, Pamen Pereira, Alicia Martín e Damián Ucieda, Jorge Perianes ou Helena Fernández.

A estes creadores que participan en Inside, a Cidade da Cultura “retounos” a presentar unha obra que orixine un diálogo entre o seu traballo e o espazo arquitectónico deste complexo. Ignacio Santos invitou aos cen artistas novos que participan no encontro a presentar as súas propostas e adiantou que a Cidade da Cultura elixirá unha, financiará a súa produción e incluiraa en Inside. Tamén coa fin de difundir as súas propostas, ademais das conferencias e visitas a centros culturais, o encontro porá en marcha o proxecto Foro Aberto, unha iniciativa na que corenta asistentes poderán presentar o seu traballo ao resto dos participantes.

O encontro persegue tamén dar a coñecer os recursos que existen en Galicia dedicados á arte contemporánea. Así, no programa están previstas visitas ao Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago) e ao Museo Marco (Vigo). Os seus directores, Miguel von Hafe e Iñaki Martínez Antelos, ademais da directora do Macuf de Coruña, Carmen Fernández Rivera, participarán no encontro.

Ante o interese que espertou este evento, organizouse un operativo 2.0 para retransmitir as conferencias como a presentación das obras no Foro Aberto no Facebook e Twitter oficiais da Cidade da Cultura (www.facebook.com/cidadedaculturadegalicia e twitter.com/cidadedacultura).

Rubén Ramos Balsa e Daniel Canogar

Nesta primeira xornada, o encontro contou coa presenza de Rubén Ramos Balsa (1978, Santiago de Compostela) e Daniel Canogar (1964, Madrid). As fotografías, vídeos e instalacións do galego Rubén Ramos Balsa obtiveron recoñecemento nacional e internacional, abríndolle as portas de certames como a Singapore Biennale ou La Biennale de Venezia. A súa obra xira en torno ao valor do momento intranscendente e a perdurabilidade, concentrándose en detalles da natureza e das contornas cotiás.

A obra de Daniel Canogar foi dende os inicios da súa carreira artística exposta en centros como o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofia, o Musac ou no Wexner Center of Arts. Recentemente, as súas instalacións foron incluídas en mostras no American Museum of Natural History de Nueva York o no Sudance Film Festival. Nos seus últimos traballos explora o mundo da tecnoloxía, traballando con material electrónico que atopa en vertedoiros e en centro de reciclaxe.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información