Tralas Luces e Arrugas participarán no 59º Festival de Cine de San Sebastián

Cada ano preséntanse a esta sección vinte novos talentos que optan coa súa primeira ou segunda película ao Premio Kutxa-Novos Directores dotado con 90.000 euros. Este ano dúas das tres películas españolas presentadas será de orixe galega.
“Tralas Luces” é un documental que sigue a vida nómade de Lourdes mentres percorre as feiras do norte de España coa súa pista de autos de choque na compaña da súa familia. A dirección do filme corresponde a directora Sandra Sánchez.
“Arrugas” é unha adaptación da novela gráfica homónima de Paco Roca. Este filme describe as ilusións, sentimentos e frustracións dun grupo de anciáns nunha residencia da terceira idade. O seu director é Ignacio Ferreras.
O Consorcio Audiovisual de Galicia está levando a cabo unha serie de actividades de promoción do cine galego no que se inclúe o apoio a estes dous filmes, contribuíndo así a consolidar a proxección nacional e internacional do audiovisual galego.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia