Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Agadic apoia 55 proxectos audiovisuais a través de catro liñas de axudas ao sector

Un total de 55 proxectos audiovisuais galegos presentados por 49 produtoras independentes e creadores individuais recibirán o apoio económico da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) por un importe global de 674.097 euros, adxudicados a través de catro das cinco liñas de subvención ao sector audiovisual galego convocadas este ano 2011 pola entidade da Consellería de Cultura e Turismo.

Desta contía total, 209.239 euros destínanse ao desenvolvemento e produción de 13 proxectos de contidos dixitais interactivos, 199.879 euros a 14 propostas de traballo previo cara á realización de novas obras audiovisuais en lingua galega, 149.992 euros a 18 novos creadores galegos para a escrita de guións e a produción de curtametraxes e longametraxes en soporte dixital, así como de curtas experimentais, e 114.988 a 10 empresas para a produción de curtametraxes e de videoclips.

Este programa anual de axudas ao audiovisual completarase coa próxima resolución da convocatoria dirixida á produción e coprodución de longametraxes en galego, á que se destina un crédito de 2,9 millóns de euros.

Preparación de novos filmes

Un total de 14 produtoras galegas benefícianse este ano das subvencións para o desenvolvemento doutros tantos proxectos audiovisuais nas súas diferentes modalidades, de xeito que se apoia a preparación de nove novas longametraxes de ficción (Limpeza de sangue de Filmanova Invest, O pai de Adivina Producciones, Trazo de xiz de Abano Producións, Prisciliano, o último cristian de Formateo, Rosalía de O Raio Verde Medios Dixitais, Welcome to Harmony de Vaca Films, Cruceiros de Frida Films, Las altas presiones de Matriuska Producciones e Máximo de Xamalú Filmes), dúas longas documentais (Bailadela de Ficción Producciones e Grupo Nove de Esmerarte Servicios Artísticos), outras dúas películas para televisión (Don Necesario de Producións A Fonsagrada e Lobos sucios de Continental Producciones) e un piloto de serie de animación (Atlas do Planeta Mincha de Mondotropo).

O obxectivo desta liña de axuda é fomentar unha das fases esenciais na realización de calquera obra audiovisual, entendendo por “desenvolvemento de proxectos” o conxunto de operacións previas aos procesos de pre-produción e produción: adquisición de dereitos, traballo de investigación, escrita e análise de guión, selección do equipo artístico e técnico, preparación do orzamento estimado e procura de socios, entre outras actividades.

Creadores emerxentes

No que respecta ás subvencións ao talento audiovisual, a contía total outorgada distribúese en catro modalidades de proxectos a través das que se busca favorecer tanto a emerxencia de novos creadores como aquelas propostas enmarcadas nas novas estéticas narrativas ou experimentais. Así, a través desta liña axudarase a financiar a escrita de tres guións propostos por Gonzalo García Velasco, Xoán Escudero e Breogán Riveiro; así como a produción de cinco curtametraxes en soporte dixital asinados por Jesús Rey Roca, Juan José Varela Abeledo, Pablo López Ouzón, Susana Martínez de la Riva e Sonia Méndez Alonso; cinco curtas experimentais presentadas por Oliver Laxe, Xacio Rodríguez, Amaya González, Pablo Millán e Ángel Santos; e outras tantas longametraxes en soporte dixital a cargo de Lois Patiño, Xosé Alberte Pagán, Pablo Cayuela, Alexandre Cancelo e Alberto García Hermida.

Ademais, un total de nove produtoras independentes galegas recibirán o apoio económico da Agadic para levar a cabo dez producións audiovisuais de metraxe reducida, das que dúas son curtametraxes en soporte cinematográfico (Ínsula de Filmika Galaika e La zanja de Producciones Vigo), dúas en soporte dixital (Rip Rip Hurra de Hachedevisual e Eixos de Fungo), tres de animación en cine (Morti de Continetal Producciones, Cousas de meigas de Firmist Animación e O xigante de Abano Producións) e outros tres, videoclips (Barca bela de Miguel de la Peña, Alalá do vikingo de Sons Galiza e Shame on us de Hachedevisual).

Por último, ás subvencións para contidos dixitais e interactivos para internet, televisión, videoxogos e móbiles distribúense entre cinco propostas de desenvolvemento presentadas por Interacción CIM, A Navalla Suíza, Mondotropo, Mr. Misto Films e Impulso TV e oito de produción a cargo de Editorial Galaxia, Redenasa TV, Editora OQO, Airapro, Vía Láctea Films, New Gravity Laws e Xamalú Filmes.

A listaxe de beneficiarios e contías outorgadas a través destas catro convocatorias está dispoñible para a súa descarga na páxina web da Agadic: www.agadic.info/axudas

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información