Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Os británicos Bad Manners y The View incorpóranse ao Festival Rock in Way

As bandas británicas Bad Manners, referentes do ska das últimas tres décadas, e os novos e contundentes The View, alumnos avantaxados do indie rock británico, incorpóranse ao cartel do festival Rock in way, promovido pola Consellería de Cultura e Turismo e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo que se celebrará no Monte do Gozo de Santiago os días 9 e 10 de setembro.

Bad Manners está liderada polo carismático Buster Bloodvessel. A banda británica é un referente do ska máis divertido que se mantén tan fresco hoxe como hai tres décadas. Formados a finais dos 70 e con quince referencias discográficas no seu haber, non deixou de xirar e crear música ao longo destes anos. A forza no escenario do xigantón Bloodvessel é a marca de identidade dunha banda que, a pesar dos cambios de formación, segue a transmitir en directo unha enerxía especial, capaz de facer bailar a todo o mundo ao son de éxitos como Ne-Ne Na-Na Na-Na Nu-Nu, Lip Up Fatty, Special Brew ou Can Can.

The View é unha das últimas bandas destacadas na mestura de rock, punk, powerpop e folk que chegan desde as Illas Británicas. Son catro escoceses que aínda non chegaran á maioría da idade cando sorprenderon aos máis atentos. A súa proposta musical está influída por grupos como The Clash, Oasis e The Libertines, nunha onda similar á de Arctic Monkeys ou Hard-Fi, ao que suman unhas letras misteriosas na voz de Kyle Falconer. En 2007 confirmaron todas as expectativas co disco Hats Off To The Buskers, que chegou ao número 1 no Reino Unido, ao que seguiron outros dous álbums: Wich Bitch? (2009) e o recente Bread And Circuses (2011), que agora presentan en directo.

O festival cerrará nos próximos días o cartel coa incorporación de máis bandas internacionais. Entre os xa confirmados, destaca a presenza de The Offspring, un dos grupos de rock máis grandes do mundo, as lendas da música The Specials e The Toy Dolls, a mestura de rock e electrónica de Rinôçérôse e Delorean, os potentes directos de Triángulo de Amor Bizarro, Muchachito Bombo Infierno, Tote King e Sôber, e os clásicos do rock arxentino Las Pelotas. Xunto a Triángulo de Amor Bizarro, a ampla representación galega está formada por Niño Y Pistola, The Blows, Igloo, Dirty Socks, Novedades Carminha, Los Chavales, Riff Raff e Temazo Showcase (Malandrómeda, Juanito Broders e Furnier).

Abonos a 29 euros ata o 31 de xullo

O festival quere chegar a todos os petos, polo que aposta por ofrecer abonos de dous días con cámping incluído a prezos anticrise, en lugar de entradas dun só día. Ata o 31 de xullo, os abonos custan 29 euros máis gastos de distribución. Un acordo con Hotel Ciudad de Vacaciones Monte do Gozo permitirá aos que adquiran abonos reservar aloxamento con prezos especiais no albergue e o hotel situados ao lado do recinto dos concertos.

Os puntos de venda serán os seguintes:
- Ticketmaster: www.ticketmaster.es
- Novacaixagalicia: 902 43 44 43, www.novacaixagalicia.es, www.servinova.com
- A Reixa Tenda (Santiago) Pub A Reixa (Santiago).
- Discos Portobello (A Coruña).
- Discos Elepé (Vigo)
- Peggy Records (Ourense).
- Don Disco (Lugo)
- Hiper Froiz (Pontevedra).

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información