O ILGA e o profesor Ángel Carracedo, galardoados coas Medallas de Ouro de Galicia
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, anunciou o nome dos galardoados este ano coa Medalla de Ouro de Galicia, a máxima distinción do Goberno galego: por unha banda, o Instituto da Lingua Galega (ILG) e, por outra, o profesor e investigador médico Ángel Carracedo. O mandatario autonómico destacou o labor dos galardoados nesta edición coa Medalla de Ouro de Galicia “na protección do legado glorioso de Galicia e na dedicación para seguir engrandecendo este legado no futuro”.
Feijóo referiuse así ao “gran labor que está a desempeñar o ILG desde hai xa catro décadas polo idioma, para que este sexa un elemento de cohesión social e por ampliar o estudo, coñecemento e a investigación da nosa lingua.” Ademais incidiu no “papel determinante do ILG na restitución cordial do idioma nos primeiros anos de autonomía, facilitando o labor da Real Academia Galega e axudando a que os gobernos puideran desenvolver unha política lingüística”.
Do outro dos premiados, o profesor e investigador Ángel Carracedo, o presidente galego resaltou que ”situou a Galicia nun dos lugares máis prestixiosos da ciencia en xeral e da medicina en particular.” Ademais de subliñar o labor deste no campo da xenética da que “sen ningunha dúbida é pioneiro”, destacou o seu traballo na “creación de pautas e modelos que se aplican a nivel internacional colocándoo como un referente no campo da medicina legal”.
A Medalla de Ouro de Galicia entrégase o día 25 de xullo, día grande da comunidade. Entre os premiados en pasadas edicións atópanse o Ano Santo Xacobeo que recibiu a distinción no ano 2010 e os ex presidentes da Xunta de Galicia que recibiron a distinción no 2009.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia