Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Fundación Rosalía colabora con Educación na promoción do galego

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Rosalía de Castro veñen de ratificar a súa colaboración para fomentar o uso do galego a través da literatura, na semana en que se cumpren 126 anos do pasamento da escritora. A sinatura do convenio tivo lugar en Padrón, durante a visita que o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, realizaron á Casa-Museo de Rosalía de Castro.

Logo da sinatura do convenio, os dous representantes da Xunta de Galicia tiveron ocasión de visitar as dependencias da casa-museo. Fixérono acompañados pola presidenta da fundación Rosalía de Castro, Helena Villar; pola vicepresidenta, Ana Blanco; polo tesoureiro, Justo Cortizo; pola xerente, Maite Piñeiro e polo responsable do Centro de Estudos Rosalianos, Xesús Alonso Montero. Tamén participaron na visita o alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e a concelleira de Cultura, Carmen Lois.

Iniciativas do convenio

A Consellería de Educación conta coa colaboración da Fundación Rosalía de Castro para impulsar a difusión e a promoción social do galego a través da literatura e, en concreto, da obra e da figura de Rosalía de Castro. Ao abeiro do convenio que subscriben ambas as entidades, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, promóvese a realización de numerosas actividades. É o caso dos actos de homenaxe á escritora no seu 126º cabodano, que se celebran o día 15, así como a conmemoración do traslado do seu corpo ao Panteón de Galegos Ilustres.

Neste marco de colaboración tamén se desenvolven iniciativas para divulgar a figura dunha das figuras clave do Rexurdimento, entre as que se inclúen a realización de tertulias e recitais poéticos. A investigación sobre a súa obra é outro obxectivo prioritario da fundación. Para tal fin, creou en 1997 o Centro de Estudos Rosalianos, no que se constitúe a biblioteca e o arquivo rosalianos e no que se realizan labores de investigación co fin de explicar con rigor intelectual aspectos da vida e da obra da escritora. No marco do convenio, este ano preséntase un novo número da Revista de Estudos Rosalianos, o volume cuarto.

Finalmente, o convenio tamén inclúe dous destacados galardóns, como son os premios Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra, e mais o VII Premio Rosalía de Castro para Experiencias Pedagóxicas.

Figuras clave da literatura galega

Avanzar na investigación e na difusión da obra de escritores referentes das letras galega é unha das apostas da Secretaría Xeral de Política Lingüística para favorecer a promoción social da lingua galega. Para isto, a Consellería de Educación, a través da secretaría xeral, conta co apoio das principais fundacións de autor. Ademais da Fundación Rosalía de Castro, tamén colabora coa Fundación Vicente Risco, coa Fundación Otero Pedrayo e coa Fundación Carlos Casares.

Encontro co alcalde de Padrón

Na súa visita ao concello de Padrón, Xesús Vázquez e Anxo Lorenzo tamén foron recibidos polo seu alcalde, Antonio Fernández Angueira; pola concelleira de Cultura, Carmen Lois; e pola concelleira de Educación, Elena Romero. O municipio coruñés está a colaborar coa Xunta de Galicia na promoción do galego desde o ámbito local a través da Rede de Dinamización Lingüística.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información