Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Antón Reixa presenta a mostra Leccións de cousas

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) a exposición Leccións de cousas do poeta, produtor cultural e artista Antón Reixa como “unha mostra de enorme interese para tratar de comprender por onde ten avanzado a arte galega nas últimas décadas”. A presentación tamén contou coa participación do director do CGAC e comisario da exposición, Miguel von Hafe, e do propio Antón Reixa.

Segundo indicou Roberto Varela na súa intervención, Reixa “invítanos á reflexión a partir da observación de oito experimentos audiovisuais e proponnos cuestións acerca do que estamos a ver”. “Cuestións que estimulan as nosas conclusións individuais”, engadiu. O conselleiro destacou como Reixa “aposta pola ruptura de xéneros e convencións, afonda nas innovacións estéticas, temáticas e técnicas, e, sobre todo, abre un camiño para os artistas de Galicia”.

Respecto da exposición Leccións de cousas, Roberto Varela salientou como se inspira no método educativo do pedagogo americano Edward Austin Sheldon, que “aplicaba unha ensinanza intuitiva na que os alumnos gozaban dunha gran liberdade para interpretar a realidade, mentres que o rol do mestre era exercer de guía dos nenos e fomentar a súa curiosidade no descubrimento do mundo”.

O responsable da área de Cultura e Turismo salientou como a mostra permítenos “botar unha ollada á traxectoria de Reixa a través das súas videoinstalacións máis representativas”. Un Antón Reixa que o conselleiro cualificou como “un poeta capaz de reinventarse unha e outra vez, provocador ás veces e sempre suxestivo, que contribuíu a renovar o panorama cultural de Galicia co grupo Rompente a finais dos 70”. Para Roberto Varela, “Rompente supuxo sen dúbida un sopro de aire fresco para a cultura galega” a través “dunha vontade anovadora, un grande eclecticismo e un fondo interese pola comunicación multidisciplinar”. O conselleiro asegurou que, debido aos membros de Rompente, aos que definiu como “artistas multimedia”, e a todos os movementos rupturistas da época, “Galicia converteuse en moi pouco tempo nun dos grandes núcleos de vangarda e experimentación de toda España”.

Roberto Varela sinalou ao Centro Galego de Arte Contemporánea como “o espazo máis axeitado para acoller esta exposición” e subliñou a súa importancia como “instrumento de proxección das novas manifestacións artísticas de Galicia”. “Un dos grandes protagonistas da vangarda galega, e un axente necesario para situar á nosa Comunidade nun posto de privilexio na creación artística”, engadiu.

Leccións de cousas

Leccións de cousas está composta por un conxunto de oito vídeoinstalacións inéditas, nas que a imaxe, a palabra e a performance se entrecruzan para afirmar un territorio neodadaísta onde a irrisorio, o comentario político e social e unha especie de melancolía existencial mestúranse produtivamente. Ademais da exposición das súas novas creacións, tamén se amosa no auditorio do CGAC unha selección das súas intervencións máis relevantes dos últimos trinta anos no universo audiovisual.

En 1855 publícase en Londres o primeiro manual de Leccións de cousas da autoría de Edward Austin Sheldom que preconizaba un sistema de educación intuitiva. A partir do principio da intuición créase La escuela nueva, que vai promover estes métodos de lectura extensiva. Este sistema de educación intuitiva réxese polo principio “da cousa á palabra, da palabra á idea”. Algo así como “aprender a aprender”, onde o papel do mestre se limita a a dirixir a investigación e a propoñer cuestións. Trátase de motivar e estimular a curiosidade do alumno. Esta vén ser a idea-forza do proxecto de videoinstalación. Trátase de propoñerlle ao espectador imaxes audiovisuais e obxectos en volume que induzan unha percepción intuitiva de fragmentos de realidade. A percepción resulta distorsionada pola hiperbolización e a enfatización de aspectos tanxenciais das formas da realidade. Como nos manuais de Leccións de cousas, a carón de cada set propóñense unhas pautas de conversa.

Antón Reixa

Figura senlleira no contexto cultural galego, Antón Reixa (Vigo, 1957) defínese pola súa relación umbilical coa linguaxe e cos modos de se converter esta en instrumento de creación poética e de comentario sociopolítico, en soporte dunha actividade musical que definiu un territorio único na emerxencia de rupturas no panorama galego e nacional dos anos oitenta, primeiro con Os Resentidos e despois con Nación Reixa ou en aventuras en solitario, e, finalmente, en áncora de traballos multimedia que son o motivo da exposición que agora presenta no CGAC.

O activismo cultural de Antón Reixa tivo os seus inicios no colectivo Rompente, que entre 1976 e 1983 dedicouse a unha intensa actividade poética, mostrando desde logo unha particular vocación para a acción directa, da autoedición aos recitais-espectáculo, a poesía adquiría na súa obra unha densidade urbana, iconoclasta e rompedora de convencións. Ese sería o leitmotiv do traballo de Antón Reixa nas décadas seguintes como letrista de Os Resentidos e, dun modo máis estruturado, na súa vocación eminentemente literaria, onde a lingua galega acaba por se vertebrar como sistema nervioso central dun corpus de diferenciación singular.

Nos anos oitenta, coa chegada da movida, formou parte do movemento Atlántica. Co paso do tempo, Antón Reixa céntrase nunha colaboración continuada coa prensa escrita e coa televisión e, máis recentemente, ao eido da produción audiovisual e fílmica.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información