Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Agadic destina case 3 millóns de euros á produción de longametraxes en galego

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) completa o seu programa anual de subvencións ao audiovisual coa publicación da convocatoria para producións e coproducións en lingua galega, á que destina un total 2.900.000 euros. Dirixida a promover a realización de longametraxes para cine e televisión, trátase da quinta das liñas de apoio ao sector convocadas este ano pola entidade da Consellería de Cultura e Turismo por un importe global de 3.575.000 euros.

Esta modalidade supón, pois, máis do 80% do importe conxunto das axudas 2011, entre as que tamén figuran as de produción de curtametraxes e videoclips, desenvolvemento de proxectos audiovisuais, promoción do talento audiovisual galego e desenvolvemento e produción de contidos interactivos. No caso concreto das subvencións para producións e coproducións audiovisuais, a súa dotación distribuirase ata o 2014: 145.000 euros en 2011, 290.000 en 2012, 1.740.000 en 2013 e 725.000 en 2014.

Compromiso por anualidades

De acordo con esta distribución por anualidades, en 2011 a Agadic investirá 5 millóns de euros no audiovisual galego tendo en conta todos os pagamentos comprometidos para este ano a través das convocatorias de 2008, 2009, 2010, así como das publicadas nos últimos meses. Esta cifra supón a achega da Axencia Galega das Industrias Culturais ao orzamento global de 6 millóns de euros que a Consellería de Cultura e Turismo destinará a paliar os efectos da crise sobre as industrias do sector, segundo explicou a pasada semana o titular deste departamento, Roberto Varela, en comparecencia parlamentaria.

O Conselleiro de Cultura e Turismo adiantou que nestes momentos estase a estudar a reformulación do programa de axudas co fin de “optimizar os recursos existentes e evitar o solapamento das subvencións públicas”, de xeito que se garanta a complementariedade coas axudas estatais, primando a calidade e blindando o apoio ás películas en lingua galega.

Neste mesmo sentido, a convocatoria de axudas de concesión automática á amortización dos custos de produción de longametraxes cinematográficas, telefilmes e documentais aprazarase ata finais de ano co obxectivo de axustar o seu orzamento en función do número de fitas de estrea recente que estean en disposición de cumprir os requirimentos esixidos.

Esta reformulación inscríbese dentro do Plan de Acción inmediato para o audiovisual que a Xunta de Galicia está a elaborar, de xeito consensuado co sector, e dentro do que tamén figuran como liñas de traballo a creación dunha nova modalidade de axudas para a actualización das pantallas de cine aos novos sistemas dixitais, o desenvolvemento dun marco estable de apoio aos festivais, un plan de internacionalización e outro de formación, entre outras.

Produtoras independentes

Ás subvencións convocadas hoxe pola Agadic poderán optar varias categorías de proxectos que deben ser presentados por produtoras independentes: longametraxes (cinematográficas de animación, ficción ou documental), opera prima ou segundas longametraxes, películas para televisión e longametraxes documentais (de creación ou de difusión cultural). Como criterio común, todas as propostas deberán ser realizadas en lingua galega cun decidido contido artístico e cultural.

Un dos obxectivos prioritarios desta convocatoria é o fomento da realización de películas de valor cultural que, tal e como se especifica nas bases publicadas no Diario Oficial de Galicia, “contribúan á diversidade do panorama cinematográfico de Galicia e da Unión Europea e que non poderían ser producidas sen axudas de fondos públicos”. Neste sentido, as porcentaxes subvencionables por parte da Agadic sitúanse entre o 35% e o 50% do investimento da produción correspondente en función da categoría de proxecto na que se inscriba.

O prazo de presentación de solicitudes esténdese dende mañá e ata o vindeiro 30 de xuño. A partir dese momento, constituirase unha comisión integrada por expertos independentes que valorará os proxectos en función da súa contribución cultural e creativa, da utilización de recursos galegos (rodaxe en Galicia e utilización de empresas galegas de servizos) e da súa viabilidade.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información