Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Un centenar de asistentes nas Xornadas sobre Turismo Cinematográfico

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou as primeiras Xornadas sobre Turismo Cinematográfico de Lugo, organizadas pola Fundación TIC, que reunirán hasta o sábado a cen persoas procedentes de toda Galicia, entre profesionais e estudantes do ámbito turístico, cultural e audiovisual, e público en xeral. Besteiro avogou por desenvolver na provincia esta estratexia de promoción turística e de dinamización económica consistente en aproveitar como reclamo as localizacións de rodaxe das películas para atraer visitantes e difundir os recursos paisaxísticos e culturais. “Aproveitar o medio ambiente e o cine é unha oportunidade económica extraordinaria”, destacou o Presidente provincial, que puxo como exemplo do efecto chamada que exerce o cine a laureada cinta “Vicky Cristina Barcelona”, de Woody Allen, grazas á que a cidade condal aumentou a súa sona internacional.

Na inauguración do foro, celebrado no salón de actos de San Marcos, acompañaron a Besteiro o presidente de Filmax, Julio Fernández, e o escritor Alfredo Conde. Fernández asegurou que a rodaxe dunha película “provoca un movemento que non remata en anos”, e puxo como exemplo “The Way”, o seu filme sobre o Camiño de Santiago, que, segundo o produtor fonsagradino, “é a mellor promoción de cantas accións publicitarias se fixeron das rutas xacobeas”. Pola súa banda, Alfredo Conde, autor da novela “Romasanta. Memorias incertas do Home Lobo”, indicou que o cine “consigue promocións incribles”. Como mostra disto sinalou que no Salón Internacional do Libro de San Petersburgo, do que acaba de chegar, “cren que o home lobo non procede de Allariz, senón da Fonsagrada porque alí foi onde se rodou a película “Romasanta”.

En Galicia non existen hasta o momento itinerarios establecidos polos lugares nos que se gravou un filme, simplemente se organizan visitas a localizacións puntuais, pero noutras rexións de España, como Andalucía –que foi pioneira-, Cataluña ou Asturias, levan anos desenvolvendo a iniciativa con éxito. No resto do mundo tamén é unha estratexia estendida, sendo Nova Zelanda un dos grandes referentes polo “boom” turístico que provocou “El Señor de los Anillos”.

A Deputación, pioneira en Galicia

O primeiro paso de cara a aproveitar como reclamo o cine cunha estratexia planificada deuno precisamente a Deputación coa propia organización das xornadas inauguradas hoxe e coa elaboración do primeiro “movie map” de Galicia, un mapa no que se sinalizan as localizacións de rodaxe de películas para o seu uso turístico. O plano foi realizado polos alumnos da Escola de Imaxe e Son e recolle rutas polos emprazamentos do Courel e A Fonsagrada nos que se gravou “Romasanta”. Estes itinerarios serán incorporados na nova etapa do programa medioambiental Km0. “Romasanta” é un filme producido por Filmax baixo a dirección de Paco Plaza, cun guión de Alfredo Conde, e protagonizado por Elsa Pataky e Julian Sands. Rodouse no ano 2004 e conta a historia de Manuel Romasanta, o home lobo de Allariz.

Conferencias e mesa redonda

Antes do acto de inauguración oficial das Xornadas sobre Turismo Cinematográfico tivo lugar a primeira das conferencias do programa, “Cine e Turismo, unha nova estratexia de promoción”, que correu a cargo do Presidente da Film Comission de Andalucía, Carlos Rosado. As Film Comission son entidades que facilitan ós produtores audiovisuais toda a información que precisen para a realización de rodaxes nun determinado lugar, promocionando co seu traballo a industria audiovisual e a propia zona na que operan. Despois presentouse o “movie map” de “Romasanta” e proxectouse a película.

As xornadas continuarán mañá venres no salón de actos do Concello de Sarria. Ás 10:30 horas haberá unha exposición das experiencias de turismo cinematográfico desenvolvidas en Andalucía e no municipio asturiano de Llanes. Ás 12:30 terá lugar unha mesa redonda sobre “O Cine como recurso dinamizador na promoción económica dos territorios”, na que participarán José Antonio Corredoira Teijeiro, director da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC; Paula Vázquez Núñez, Concelleira de Turismo de Sarria; Piluca Querol, da Andalucía Film Commission; e Anxo Quintanilla, director xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia. Pola tarde, a partir das 16:00 horas, farase un percorrido polas localizacións de rodaxe de “Romasanta” en O Incio, Folgoso do Courel e Samos.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información