O CGAC presenta o mellor do novo cine galego
 O Centro Galego de Arte Contemporánea acolle a partir do 28 de abril o ciclo Novo Cinema Galego, unha escolma de traballos de autores como Peque Varela, Marcos Nine, Eloy Enciso, Lois Patiño, Ángel Santos e DSK, colectivo formado por Juan Lesta e Belén Montero. En palabras dos organizadores destas xornadas, Martin Pawley, Xurxo González e José Manuel Sande, a ruptura cunha liña continuísta, a asunción de riscos e a vontade de participar nos mesmos debates estéticos e argumentais que o resto do planeta son, entre outras, as características comúns destes autores.
O Centro Galego de Arte Contemporánea acolle a partir do 28 de abril o ciclo Novo Cinema Galego, unha escolma de traballos de autores como Peque Varela, Marcos Nine, Eloy Enciso, Lois Patiño, Ángel Santos e DSK, colectivo formado por Juan Lesta e Belén Montero. En palabras dos organizadores destas xornadas, Martin Pawley, Xurxo González e José Manuel Sande, a ruptura cunha liña continuísta, a asunción de riscos e a vontade de participar nos mesmos debates estéticos e argumentais que o resto do planeta son, entre outras, as características comúns destes autores.O ciclo de cinema organizarase en seis sesións que terán lugar os vindeiros 28 de abril, 5, 19 e 26 de maio, así como o 9 e 16 de xuño en horario de 19,30 horas no auditorio do CGAC. Do mesmo xeito haberá tamén novas citas dentro do programa de visitas guiadas por profesionais do ámbito cultural e artístico, os martes ás 19,30 horas. O 26 de abril, o crítico Ramón Rozas analizará a exposición Abstracción Racional; o 10 de maio será a quenda da historiadora da arte María Álvarez Cebrián coas Últimas adquisicións. Colección CGAC e o 24 de maio a do presentador Carlos Roma con Estades listos para a TV?.
Esta fin de semana retomaranse as visitas guiadas sen cita previa. A saída será ás 13,00 horas desde a recepción do centro e percorren o longo de sesenta minutos as diferentes exposicións do centro.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia
  

