Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Deputación e Concello apostan por Viveiro como referente en España da música alternativa

Deputación e Concello apostan por Viveiro como referente en España da música alternativa

O Concello vivariense é o berce dunha nova iniciativa cultural: o Viveiro Hardcore Assault! Promovido por catro mozos do municipio mariñano, o festival conta coa colaboración da Deputación de Lugo e o Concello, que apostan así por consolidar Viveiro como referente en España da música alternativa, unha sona que queda demostrada na mesma orixe do certame, pois os organizadores animáronse a poñelo en marcha cando dúas bandas italianas lles pediron axuda para facer un concerto na cidade do Landro, o único lugar da Península ó que querían ir, xunto con Xirona, dentro da súa xira por Europa. Non era ademais a primeira vez que algún grupo lles solicitaba axuda para montar unha actuación na zona.

O alcalde viveirense, Melchor Roel, e o portavoz dos organizadores, Fabio Fernández, presentaron na Fundación TIC o certame, que terá lugar o venres 15 de abril, ás 22:00 horas, no Casino Club Náutico, entidade que cede de xeito gratuíto o local e material técnico. Neste senso, Roel subliñou que “esta é unha iniciativa da xuventude de Viveiro en torno a un panorama musical do que o noso Concello xa é un referente en Europa. Xa fai uns anos, en 2006, comezouse cun concerto de Hardcore a nivel local e hoxe grazas ó traballo dos xóvenes que apoiaron este proxecto somos referencia desta nova forma de entender a música. Agora a Deputación e o Concello damos un novo impulso a esta iniciativa e a un novo espazo musical”.

As entradas teñen un prezo de 5 euros e poñeranse á venda antes do acto. Os promotores –que, ademais de Fabio Fernández, son Iago Salgueiro, Eric Gómez e Guille Vázquez- agradecen o apoio de Deputación e Concello, así como do propio Casino e dos establecementos comerciais e empresas de Viveiro para levar adiante o evento, unha axuda que incluso superou as súas expectativas e levounos a ampliar as dimensións do festival, pasando das tres bandas inicialmente previstas a catro. As firmas colaboradoras son: Pizzería Pizzbur, La Family, Cervecería Vikinga Punto Galego, Sixties, Mesón A Fonte, Restaurante La Paz, Complejo Hotelero Las Sirenas, Pub Punto y Aparte, Bar Galeón, Parrillada Tomás, Bodegas Ribeirao, Pub Copas, Moda Jim, Quasar, Peluquería Lourdes Calvo, Panadería Novo e THC (que sorteará unha cesta con artigos de roupa entre os asistentes).

Un equipo de alumnos e profesionais da Fundación TIC, dependente do organismo provincial, gravará os concertos, que serán ofrecidos polas seguintes bandas:

- “For Ophelias Death”: Procedentes de Lisboa, dan en Viveiro o seu primeiro concerto na comunidade galega. Os lusos participaron no concurso de bandas para tocar no Resurrection Fest e chegaron á final, polo que están a espera de saber se acoden a este certame, que se celebra a finais de xullo.
- “New Reason”: Cinco mozos de Viveiro compoñen este grupo, que actúa dalgún xeito de anfitrión, pois tres dos seus integrantes forman parte da organización do festival.
- “Daily Grind” e “Blasting Enema”: Son as dúas bandas italianas que lle solicitaron axuda ós mozos viveirenses para montar un concerto na cidade do Landro, a única cidade española na que actuarán, xunto a Xirona.

Polos pequenos concertos

O Viveiro Hardcore Assault! nace co propósito de aumentar a sona que xa ten o Concello mariñano como epicentro no país desta corrente musical, consecuencia da repercusión do Resurrection Fest - considerado un dos grandes de Europa e que na edición do pasado verán reuniu a 13.000 persoas- pero tamén do gran número de grupos deste estilo existentes na zona. O obxectivo é fomentar a organización de pequenos concertos con asiduidade, igual que ocorre noutros núcleos do hardcore en Galicia, como A Coruña e Vigo, para que as bandas que non teñan a oportunidade de participar no Resurrection Fest poidan mostrar a súa música igualmente en Viveiro.

O evento serve deste xeito para achegar grupos estranxeiros á comarca da Mariña, pero tamén para evitar a desaparición dos concertos a pequena escala en Viveiro, tralo peche de salas axeitadas como unha que había no porto e o “Txiri” –que foi traspasado-. Ademais, dá á propia banda viveirense “New Reason” a oportunidade de tocar diante do seu público, “demostrando que también sabemos darlo todo sobre el escenario”, apuntaron os seus integrantes.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información