O director xeral do Libro cualifica aos arquivos como "laboratoros da historia"
O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, presentou a publicación Achegar os arquivos históricos e utilizar fontes primarias como ferramentas fundamentais na reconstrución e interpretación dos acontecementos do pasado, dirixida a arquiveiros e a profesores de historia dos Centros de Ensino de Secundaria de Galicia. Para o director xeral, “os arquivos son laboratorios da historia pero tamén materia para o estudo, a reconstrución e a interpretación do pasado; son unha acumulacións de documentos administrativos producidos de forma natural polos organismos públicos, empresas, asociacións, familias ou simples individuos”.
Segundo Francisco López, “os arquivos como institucións seguen a ser descoñecidos por moita xente, que non acaba de ver as diferenzas que os separan doutros centros como as bibliotecas ou os museos”. Ao longo da historia os arquivos evolucionaron dende a consideración de tesouros de cartas, na Idade Media, a arsenais de poder, na Idade Moderna, “ate chegaren a constituírense en laboratorios de historia a partir da Revolución Francesa”, explicou. O director xeral, explicou que “os fondos documentais das institucións privadas daquela nacionalizadas comezan a considerárense patrimonio nacional, patrimonio documental ao que debemos de permitir o acceso público e, en especial, por parte dos historiadores”.
O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, asegurou que “sen arquivos, sen documentos, non hai administración nin actividades con transcendencia xurídica, administrativa ou económica, no ámbito público ou no privado, porque cada unha destas actividades debe ser documentada, e ese testemuño material, conservado para que produza os seus efectos e poida ser utilizado como proba”. “Son, por tanto, fontes de información e testemuños ou probas desas actividades, que nos nosos días considerámolos tamén arsenais de dereitos dos cidadáns e fonte para a transparencia da Administración”, engadiu.
Francisco López asegurou que “o tempo constitúe un valor engadido fundamental para os documentos, e na explicación das relacións que existen entre os documentos e os actos dos homes en sociedade áchase a xustificación do potencial didáctico dos arquivos”. Polo tanto, para o director xeral, “os arquivos son tamén verdadeiros arsenais da educación, porque son un medio poderosísimo para que os estudantes, coa guía dos seus profesores, accedan de forma directa ás fontes históricas”, un repaso aos fondos documentais que custodia o Arquivo do Reino de Galicia nos seus máis de 22 Km. de andeis “confirmaría o enorme potencial que iniciativas como estas posúen”. Segundo Francisco López, a publicación presentada hoxe “contribuirá, sen dúbida, a que os escolares galegos coñezan mellor a súa historia e poidan avaliar dende outra perspectiva a realidade presente na que viven”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia