O director xeral de Patrimonio visita San Xulián do Camiño
 O Director Xeral de Patrimonio Cultural, José Manuel Rei Pichel visitou o lugar de San Xulian do Camiño e as obras que o seu departamento está a desenvolver no citado lugar en pleno camino de Francés de peregrinaxe a Compostela.
O Director Xeral de Patrimonio Cultural, José Manuel Rei Pichel visitou o lugar de San Xulian do Camiño e as obras que o seu departamento está a desenvolver no citado lugar en pleno camino de Francés de peregrinaxe a Compostela. As Obras consistentes na rehabilitación de 3 horreos; dous dos cales xa están concluidos os traballos e no terceiro aínda en fase de execución hai que engadirlles a limpeza do lavadoiro de San Xulian do Camiño así como as obras de rexeneración de infraestructuras no núcleo de San Xulian canalización de augas, pavimentación do núcleo principal entre o cruceiro e a igrexia para punto de reunión dos veciños do pobo.
O Director Xeral de Patrimonio Cultural na sua visita estivo acompañado do Alcalde de Palas de Rei, Fernando Pensado e do Primeiro Tenente de Alcalde Pablo Taboada e dos veciños e veciñas de San Xulian.
Gabinete de Comunicación do Concello de Palas de Rei
  

