Concerto de primavera do Orfeón Lucense
 A actuación, que en principio ía celebrarse o pasado Nadal pero debeu ser aprazada, está organizada polo Concello de Portomarín, co patrocinio da Vicepresidencia primeira da Deputación Provincial de Lugo.
A actuación, que en principio ía celebrarse o pasado Nadal pero debeu ser aprazada, está organizada polo Concello de Portomarín, co patrocinio da Vicepresidencia primeira da Deputación Provincial de Lugo.O Orfeón, dirixido polo seu titular Xesús Mato Mato, vai ofrecer un concerto didáctico para o achegamento do público de Portomarín ás grandes cancións de todos os tempos, facendo especial fincapé en temas de Alfonso X (Cantíga LXXVII de Nosa Señora de Lugo), os Cancioneiros, San Juan de la Cruz, Perosi, Haendel ou Schubert, os lucenses Moreno Fuentes e Castiñeira, para rematar con grandes temas da canción galega, poñendo punto final coa Negra Sombra de Rosalía e Montes.
Dúas das pezas serán dirixidas polo tenor Marcos Fernández Mosquera, axudante de Xesús Mato ó que substitúe no caso da súa ausencia.
Os diversos temas do concerto serán explicados ó público, enmarcando os temas dentro do seu tempo e circunstancias, de xeito que a actuación signifique un verdadeiro achegamento á música dun xeito directo e pesoal.
Por outra parte, e tendo en conta que en Portomarín hai o desexo de crear un coro popular, o Orfeón e o seu Director téñense ofrecido para aconsellar e apoiar a iniciativa, apadriñando o seu nacemento e impulso.
Outras actuacións
Dentro das actuacións de Primavera do Orfeón Lucense, está prevista a súa actuación en Lalín o próximo mes de abril cun repertorio similar ó que o domingo ofrece en Portomarín. O 7 de maio acudirá a Baión (Pontevedra), a un Encontro Internacional de Corais, e a finais dese mes ofrecerá –como Coro Oficial da S.I.C.B.- no Altar do Bo Xesús da Catedral de Lugo un Concerto de Música Sacra.
Fotografía: Carlos Rodríguez.
Orfeón Lucense
  

