Pete Doherty abre o ciclo Galicia Importa 2011 que reúne a artistas vangardistas
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou no Espazo Off da Cidade da Cultura o ciclo Galicia Importa 2011, “unha iniciativa que recolle a herdanza que nos legou Xacobeo Importa, unha das propostas máis exitosas das celebracións do pasado Ano Santo”. En palabras do conselleiro, “o ciclo musical Galicia Importa achegará a nosa terra os artistas más recoñecidos e vangardistas do panorama internacional”. Ao acto de presentación asistiron asemade o director xerente da S.A. do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, e a xerente de Sweet Nocturna, Raquel Seijo.
Roberto Varela anunciou que finalizado o Ano Xacobeo, “a mellor oferta cultural e artística seguirá a chegar a Galicia, e na nosa programación, a música volverá ter un protagonismo especial”. “Non podemos esquecer que a Xunta declarou ao 2011 Ano da Música, co obxectivo de potenciar un sector estratéxico, que ten un gran arraigo na nosa terra, e que fomenta os intercambios entre creadores de distintos países e culturas”, explicou.
Para o titular de Cultura e Turismo, Galicia Importa “simboliza o esforzo da Xunta por dar continuidade á programación cultural máis salientable do Xacobeo, por apoiar ás actuacións en directo e por conseguir que a nosa Comunidade siga a ser un dos centros de referencia das manifestacións artísticas máis actuais”. Nesta sentido, o conselleiro explicou que o Ciclo dará comezo con tres concertos de primeiro nivel a cargo de artistas “que non deixarán indiferentes aos amantes dos sons máis actuais, experimentais e transgresores”, como son Pete Doherty, Jay Jay Johanson e Matthew Stephen Ward.
“Estes tres artistas conforman o punto de partida para Galicia Importa, pero serán só o comezo, porque estamos traballando para configurar un cartel tan variado e ambicioso como o do pasado ano, que irá completándose con moitas sorpresas que desvelaremos pouco a pouco”, explicou Varela. Durante o Xacobeo 2010 as entradas para este Ciclo foron notablemente máis baratas que nos concertos dos mesmos artistas noutras cidades da Península, e nesta liña, o conselleiro anunciou que “o Galicia Importa continuará apostando por un prezo máis baixo na venta de localidades na nosa Comunidade, para facilitar así que a música en vivo chegue aos milleiros de seguidores cos que conta en Galicia”.
No Xacobeo 2010, o Ciclo Importa trouxo a Galicia 13 eventos “de música en vivo de gran calidade, que achegaron a artistas de referencia internacional ao público galego e a todos os que visitaron a nosa Comunidade”, engadiu. Entre eles, atópanse nomes tan recoñecidos como os de Interpol, Alice Cooper, Joan Baez, Rufus Wainwright, Yo la tengo ou Teenage Fanclub. En total, foron máis de once mil os espectadores os que gozaron de preto da música destes artistas en concertos que recolleron as mellores críticas de publicacións especializadas e de prestixio. A meirande parte das actuacións esgotaron todas as localidades que se puxeron á venta.
Artistas de prestixio internacional
O ciclo Galicia Importa dará comezará o 16 de abril na Sala Capitol de Santiago de Compostela da man de Pete Doherty. Tras liderar The Libertines e Babyshambles, Doherty –agora en solitario– demostra que o seu enorme talento musical é directamente proporcional á súa capacidade para xerar controversia.
Dúas semanas máis tarde, o 30 de abril, o sueco Jay Jay Johanson actuará en Expocoruña. Os quince anos de carreira e nove álbums contemplan a este músico escandinavo, que ten sabido crear un son propio, mesturando con mestría o seu estilo de crooner e a música electrónica.
A continuación,o 19 de maio será o estadounidense Matthew Stephen Ward, coñecido como M. Ward, quen despregue no Auditorio Municipal de Vigo a súa música con sabor aos clásicos dos 50 e raíces no rock e o folk. Ward, que simultanea a súa carreira en solitario co dúo She and Him xunto á actriz Zooey Deschanel, é considerado unha das figuras do panorama americano dos últimos anos.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia