Yolanda Castaño representa á poesía feita en España en Atlanta
A xoven poeta coruñesa Yolanda Castaño, Premio Nacional de la Crítica 1999, conferenciante, articulista e á vez directora e presentadora do seu propio proxecto televisivo na TVE-Galicia: MERCURIA, viaxará a Atlanta (EE.UU.) do 21 ao 24 deste mes para asistir á sesión especial titulada Poesía Española Hoy, organizada en colaboración coa Asociación Internacional Conference in Literature, Visual Arts and/or Cinema, xunto á tamén galega Luísa Castro. Castaño representará xunta a Castro á poesía que se fai nos nosos días no
Estado Español, demostrando a boa saúde da que goza a literatura feita no noso idioma así como a súa capacidade para traspasar fronteiras.
Estado Español, demostrando a boa saúde da que goza a literatura feita no noso idioma así como a súa capacidade para traspasar fronteiras.
Yolanda Castaño