Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Ciencias da Comunicación acolle o XIII Congreso da Asociación Española de Historiadores de Cine

A Facultade de Ciencias da Comunicación acolle o XIII Congreso da Asociación Española de Historiadores do Cine, que se inaugurou baixo a presidencia do reitor da USC, Juan Casares e coa presenza do secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro; o presidente da AEHC, Julio Pérez Perucha; a responsable do comité organización, Margarita Ledo e a vicedecana de Ciencias da Comunicación, Marta Pérez Pereiro.

As xornadas analizan o cine español na II República dende diversas perspectivas. O programa deste venres inclúe tres sesións científicas, outras tantas presentacións, unha conferencia, a exhibición de materiais cinematográficos republicanos, ademais da entrega das medallas de honra correspondentes á convocatoria do ano 2009. A Asociación Española de Historiadores do Cine recoñece, mediante a concesións deste recoñecemento o traballo de catro profesionais. Concretamente, na xornada deste venres 11 farase entregas das medallas ao produtor Enrique Cerezo e ao actor Germán Cobos, na Facultade de Ciencias da Comunicación, a partir das 20:00 horas. Pola súa banda, o sábado 12 o director Gonzalo Suárez e o realizador Lorenzo Soler recibirán o seu galardón nun acto que terá lugar na Cidade da Cultura dende as 18:00 horas.

A sesión do venres 11 comeza ás 9:30 horas cunha sesión científica na que se analizará dende a publicidade nas salas de cine dos anos 30 ata a prensa cinematográfica da II República. Así mesmo, a catedrática da USC Margarita Ledo impartirá unha conferencia sobre ‘Hipóteses con ás: estudos sobre “Galicia” de Carlos Velo’, faranse varias presentacións e haberá outras dúas mesas científicas. A xornada concluirá cunha exhibición de materiais republicanos a partir das 21:30 horas.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información