“Mulleres no obxectivo”, un percorrido pola vida laboral das mulleres na historia
A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, e o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, inauguraron a exposición de fotografía “Mulleres no Obxectivo”, coa que se abren as conmemoracións do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.
“Mulleres no obxectivo” é unha exposición colectiva de 23 foto-xornalistas galegos que trata de sacar á luz, desde unha óptica de normalidade e respecto, as imaxes que nos achegan ao día a día das mulleres e á súa relación cotiá co traballo ao longo da historia, e á conciliación da vida laboral e familiar.
Dentro da mostra, comisariada por Belén Fortes, inclúese a peza audiovisual “Mulleres XX”, sobre as mulleres galegas e o traballo. Esta peza, que toma o nome do cromosoma feminino, amosa ás primeiras traballadoras do sector téxtil, do conserveiro, ás primeiras redeiras, ás mestras, ás lavandeiras, ás médicas, ás xornalistas, etc… dende o pasado ata a actualidade.
Ademais, o vídeo, que ten como eixo temático a progresión da mulleres en distintos postos laborais ata chegar ao momento actual, conta con testemuñas e valoracións deste camiño percorrido realizadas por mulleres de recoñecido prestixio polo seu traballo en distintos campos da actividade económica, intelectual ou social.
Esta exposición, na que ademais dos fotoxornalistas, que participaron cedendo as súas obras, participou tamén o Centro Galego de Artes da Imaxe, dependente da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e o Museo ANFACO da Industria Conserveira, percorrerá durante todo o ano 2011 diferentes concellos galegos.
Na súa intervención, a secretaria xeral da Igualdade destacou a importancia que ten visibilizar a evolución da sociedade, e en particular o traballo das mulleres, ao longo de distintas épocas, e ver como evolucionaron os roles sociais atribuídos a homes e a mulleres, que aínda que van desaparecendo, teñen aínda a súa pegada no mercado laboral actual .
Marta González destacou que “a imparable participación das mulleres no mercado laboral supón tanto unha garantía para a súa independencia económica, empeño irrenunciable para acadar unha sociedade desenvolvida, como unha contribución sustancial ao desenvolvemento económico e ao mantemento dos sistemas de protección social”.
A responsable de igualdade do goberno galego lembrou que nestes tempos de crise económica “as mulleres son as máis afectadas, polos contratos precarios ou polos salarios máis baixos”, e por iso, dixo, “é crucial seguir incorporando a igualdade de xénero ao conxunto das políticas sociais e de emprego”, poñendo en marcha, “medidas destinadas a favorecer a incorporación e permanencia igualitaria das mulleres ao mercado laboral”, xa que a realidade actual evidencia que “é preciso continuar incidindo nese ámbito”.
Marta González lembrou que “a igualdade entre mulleres e homes non é so un obxectivo en si mesmo, tamén é unha condición previa para cumprir os obxectivos globais da UE para o crecemento, o emprego e a cohesión social”.
A secretaria xeral da Igualdade rematou lembrando que este ano a campaña institucional da Xunta de Galicia para conmemorar o 8 de marzo ten como protagonistas ás mulleres con discapacidade, “xa que consideramos que teñen un camiño máis longo que percorrer que o resto das mulleres cara a consecución da igualdade, especialmente a igualdade no traballo” sendo o obxectivo prioritario que “co esforzo conxunto de todas as administracións, as organizacións, as empresas, o conxunto da sociedade, o lema da campaña sexa unha realidade, e que se poda vivir a diferenza, pero garantindo a igualdade”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia