Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A mostra Elas Ensinan recolle a historia de 18 mestras galegas en distintos momentos históricos

A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, inaugurou no Centro de Interpretación do Castro de Baroña en Porto do Son a exposición “Elas ensinan”, que rende homenaxe ás mulleres educadoras, pedagogas, ás mestras, como pioneiras da incorporación das mulleres ao mercado laboral e exemplo de mulleres que non se botaron atrás fronte as dificultades que lle impuxeron as condicións sociais, económicas, xeográficas e históricas de Galicia.

A mostra, que estará en Porto do Son ata mediados de xaneiro e despois percorrerá ata final do ano 21 concellos galegos, recolle os exemplos de dezaoito mulleres galegas que adicaron a súa vida á educación e á formación de varias xeracións de galegas e galegos, sendo un exemplo de vocación, de servizo público e de compromiso co seu país a través do seu coñecemento e do seu exemplo.

A secretaria xeral da Igualdade, que estivo acompañada polo alcalde do Concello, Xoan Pastor Rodríguez, e pola concelleira de Servizos Sociais de Porto do Son, Joaquina González, lembrou que ao longo da historia as mulleres se viron privadas do dereito á educación ou relegadas a un segundo plano, xa que non tiñan acceso á mesma formación e eran educadas de forma diferente aos homes.

Elas, dixo, foron “mulleres innovadoras e decididas, cun obxectivo común, mellorar a educación do seu alumnado” e “foron as responsables de que xurdiran xeracións de mulleres decididas a traballar pola igualdade, sen importarlles as circunstancias sociais, históricas ou políticas do momento”.

Marta González citou o pensador e educador brasileiro Rubén Alves, quen dixo que ensinar é un exercicio de inmortalidade. “Levaba razón, -apuntou- xa que todos e todas nós gardamos na nosa memoria e no noso corazón a lembranza de alomenos unha mestra excepcional que incidiu na conformación da nosa personalidade de xeito decisivo. A todas elas, só nos queda, institucional e persoalmente, darlles as grazas, pola súa gran influencia no que fomos, e no que somos”, rematou.

Na exposición poden verse paneis sobre a vida e o traballo das dezaoito mestras galegas seleccionadas para esta mostra, pero complétase co acceso a unha base de datos onde se recollen as biografías de moitas mulleres mestras, co obxectivo de que o público interesado poda acceder á información sobre unha persoa en concreto ou mesmo sobre o concello onde naceu.

Fotografía: arquivo GD / Xunta de Galicia
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información