Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Feijóo destaca O libro da Vaca como un tesouro lingüístico

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou a obra O libro da vaca. Monografía e etnolingüística do gando vacún como “un tesouro lingüístico, unha referencia no ámbito da etnolingüística” e un exemplo de que “para saír adiante fan falla novas ideas e novos bríos, pero mantendo, recuperando e renovando o que nos fixo chegar ata aquí”.

Ao longo do acto de presentación, Feijóo afirmou que a importancia e transcendencia deste libro para os galegos vai moito máis alá do que anuncia o seu título e o seu subtítulo. “Estamos –dixo- ante un libro que transcende os límites propiamente etnolingüísticos para converterse no relato da historia substantiva de todo un pobo. Con toda seguridade, debe haber poucos países no mundo que posúan unha monografía na que se detalle con tanto rigor e tan por extenso a importancia dun só animal na súa historia, e, ao mesmo tempo, sexa tan esclarecedora da cultura e dos modos de expresión que leva implícitos”.

O titular do Goberno galego resaltou, deste xeito, que “a lingua galega emerxe nesta obra con todo o seu esplendor, como idioma capaz de expresar a totalidade do universo físico e espiritual que lle é propio”. “Causa asombro ver como, dentro dun só campo léxico, neste caso concreto o do gando vacún, se poidan compilar 12.000 entradas léxicas, 5.000 fraseolóxicas e máis de 1.300 elementos da tradición oral”, engadiu.

Tan prolixo traballo débese, segundo incidiu, á perseveranza dos seus autores, “que durante vinte anos dedicaron miles e miles de horas das súas vidas ata pechar este tesouro lingüístico”.

Feijóo avoga por que “o exemplo que nos deron Xesús Ferro Ruibal e Pedro Benavente Jareño no longo proceso de construción desta obra prevaleza nestes días tan repletos de crises que van desde as materiais ata as identitarias”.

Así mesmo, o responsable autonómico salientou que detrás da publicación está tamén o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, cuxo traballo ten como obxectivo primordial a promoción e difusión de proxectos e de programas galegos de estudos lingüísticos, históricos, antropolóxicos e tamén literarios e que sitúa a Galicia na vangarda da investigación en humanidades.

Por último, Feijóo concluíu afirmando que é unha satisfacción ver como o entorno rural non é un vestixio do pasado, “senón que tamén é desenvolvemento, tamén é modernidade e tamén é cultura”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información