Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Bocaberta despide 2010 co mellor da maxia e da música

Maxia e música daranlle a despedida ao 2010 en Bocaberta, o programa que leva a cabo a Secretaría Xeral de Política Lingüística para promover o uso do galego entre os máis novos. Pop para adolescentes, obradoiros musicais para os máis pequenos e os trucos de maxia máis enxeñosos para achegarse á lingua galega son a proposta do departamento da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para rematar o ano.

Os mozos e mozas dos 12 aos 18 anos son o público ao que vai destinada a actividade Detrás da canción, un proxecto levado a cabo pola empresa Eme2 no que se xuntan dous grupos de pop galego, Projecto Mourente e The Homens. O primeiro é o encargado de dirixir un obradoiro no que se aprende a compoñer, gravar e difundir cancións con equipo e programas caseiros; o segundo pon o fin de festa á actividade cun concerto acústico. Con estas premisas, Detrás da canción estará hoxe Allariz, mañá A Cañiza e o mércores Ponteareas.

Bocaberta non esquece tampouco esta semana as cancións e a diversión para os máis pequenos, destinatarios do obradoiro Canta música!, que visitará Poio o mércores e Vilanova de Arousa o xoves. Trátase dunha actividade coordinada por Pablo Díaz e Olga Kirk, quen con cunchas, pandeiretas e outras percusións, fan gozar os nenos e nenas con cancións tradicionais galegas, trabalinguas, adiviñas e outros xogos lingüísticos. Para público dos 4 aos 8 anos está tamén destinado o obradoiro musical Ola, ola, la!, que se celebra hoxe en Verín.

Ademais de ritmo e cancións, a semana de Bocaberta levará por Galicia o mellor da maxia con Atrapado na torre, o espectáculo no que o mago Chrystian Magic pon de relevo valores como o esforzo, o traballo e o amor pola lingua a través dos trucos máis enxeñosos para os máis pequenos.

Máis información nas redes sociais

Bocaberta visitará nesta última semana do 2010 oito concellos. Para máis información de horarios e localizacións, o programa conta cun boletín semanal, accesible desde o web http://www.xunta.es/linguagalega/bocaberta. Ademais, co obxectivo de ligar as actividades ao público infantil e xuvenil ao que van dirixidas, puxéronse en funcionamento canles de Bocaberta nas principais redes sociais de internet (Facebook, Twitter e Tuenti).

Actividades de dinamización lingüística en todos os concellos galegos
Bocaberta é un programa co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística levará a todos os concellos de Galicia, ata o próximo mes de maio, un total de 747 actividades, destinadas a fomentar o uso do galego entre os mozos e mozas entre 3 e 18 anos. A música pop, a maxia, a banda deseñada, os obradoiros de escrita e de oralidade ou as novas tecnoloxías centran as actividades deste programa, que a Secretaría Xeral de Política Lingüística leva a cabo en colaboración con 14 entidades, entre as que se atopan editoriais, discográficas, empresas de dinamización propiamente dita e artistas.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información