Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Ramón Máiz gaña o X Premio Ramón Piñeiro de ensaio por A arte do imposible

Ramón Máiz Suárez é o gañador da décima edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, un galardón que convocan a Secretaría Xeral de Política Lingüística –a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades– e a Editorial Galaxia, coa colaboración de Gas Natural Fenosa.

O catedrático de Ciencia Política da Universidade de Santiago de Compostela fíxose co galardón pola súa obra A arte do imposible, da que o xurado destacou “o tratamento dalgúns dos temas centrais da ciencia política actual cun enfoque tamén relacionado co caso de Galicia”.

Ademais de entrar no debate sobre a formulación do poder, na obra premiada reflexiónase, segundo se informa na acta do xurado, sobre “a dignidade e o valor da política como xestión do poder que vén desde abaixo, cun enfoque orixinal que reivindica a paixón como raíz común descoñecida da política fronte ao hiperracionalismo”.

Unha homenaxe a Ramón Piñeiro

O Premio Ramón Piñeiro de Ensaio nace en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro e acóllese ao espírito que inspirou a súa traxectoria intelectual, coa intención de impulsar as formas de creación e expresión do pensamento libre e democrático, a precisión e o estilo da lingua galega e mais o debate e a reflexión arredor dos temas varios do noso tempo.

O X Premio Ramón Piñeiro de Ensaio está dotado con 6.000 euros e a obra gañadora será publicada o próximo ano pola Editorial Galaxia.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información