Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O I Encontro de Cátedras e Centros de Estudos Galegos no Brasil destaca a conexión lingüística con Galicia

A importancia de estudar galego en Brasil centrou a primeira mesa redonda do I Encontro das Cátedras e Centros de Estudos Galegos que se realiza neste país, unha iniciativa impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración cos responsables das cátedras e centros de estudos galegos (CEG) en Brasil.

Durante a xornada, que comezou na Universidade Federal Fluminense de Niterói, o responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, fixo fincapé no obxectivo da secretaría xeral de establecer, por vez primeira, “as bases para avanzar no traballo en rede das cátedras e centros de estudos galegos”. Con este fin, Anxo Lorenzo anunciou a intención da secretaría xeral de poñer en marcha, en colaboración cos principais actores do sector en Galicia, “un programa de actividades anual para a difusión lingüística, literaria e cultural que poida ser compartido polos distintos centros de estudos galegos en función dos seus intereses e das posibilidades do momento”.

Xunto co secretario xeral, participaron no encontro os representantes do Consello da Cultura Galega Rosario Álvarez e Henrique Monteagudo, o director e o vicedirector do Núcleo de Estudos Galegos da Universidade Federal Fluminense de Niterói, Fernando Ozorio e Xoán Lagares, respectivamente; a directora da Cátedra de galego e o profesor lector de galego da Universidade de São Paulo, Valéria Gil e Leopoldo Cañizo, respectivamente; a responsable do CEG da Universidade do Estado do Rio de Xaneiro, Maria do Amparo Tavares; e o profesor lector de galego na Universidade Federal da Bahia, Xosé Manuel Juane.

O I Encontro de Cátedras e Centros de Estudos Galegos no Brasil tratará mañá a presenza da lingua galega nas universidades brasileiras, así como a situación dos lectorados de lingua e cultura galega no país. Ademais, terá lugar a presentación de materiais bibliográfico do Núcleo de Estudos Galegos da Universidade Federal Flumenense e do CEG da Universidade do Estado do Rio de Janeiro. Un recital poético a cargo do escritor e profesor da Universidade de Vigo Anxo Angueira porá o peche ao encontro.

O traballo dos CEG con emigrantes e descendentes de galegos

O traballo dos CEG con emigrantes e descendentes de galegos centrou a segunda mesa redonda do encontro. A este aspecto, Anxo Lorenzo destacou que “desde a perspectiva da acción lingüística e cultural no exterior, os emigrantes e descendentes de galegos constitúen un elo primordial para o mantemento da galeguidade fóra de Galicia”. “Así mesmo –engadiu– constitúen unha boa porta de entrada na sociedade brasileira dos progamas académicos e culturais que se organizan desde os CEG.

O impulso da proxección internacional do galego a través de Brasil

Actualmente, a Secretaría Xeral de Política Lingüística posibilita o achegamento á lingua e cultura galegas en Brasil a través de catro universidades: a Universidade de São Paulo, a Universidade Federal de Bahia, a Universidade Federal Fluminense de Niterói e a Universidade do Estado do Rio de Janeiro.

A través de convenios de colaboración subscritos con universidades de fóra de Galicia interesadas en incluír nos seus plans de estudo o ensino da lingua, a literatura e a cultura galegas, créanse os centros de estudos galegos.

Actualmente, a secretaría xeral conta con 40 centros de estudos galegos distribuídos en diversos países de Europa e de América, a través dos que se desenvolven e estimulan actividades relativas ao ensino e á investigación relacionadas coa lingua, a literatura e a cultura galegas en xeral e que promoven o intercambio cultural entre Brasil e Galicia.

Ademais de ofrecer disciplinas optativas do currículo académico, os centros de estudos desenvolven outras iniciativas para a difusión da lingua, da literatura e da cultura galegas, como conferencias e recitais, a realización de ciclos de cinema ou banda deseñada en galego, a organización de actividades para dar a coñecer o patrimonio material e inmaterial de Galicia ou a conmemoración do Día das Letras Galegas.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información