Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Museo Pedagóxico de Galicia acolle durante tres meses a mostra De Saladino a Sherezade. Oriente no cómic

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA)a exposición De Saladino a Sherezade. Oriente no cómic, un percorrido a través de distintas novelas gráficas publicadas en español, sobre como se presentou Oriente e os seus protagonistas ao longo de décadas.

Neste acto o conselleiro incidiu no cambio de valores que se observa na mostra, desde anteriores concepcións da cultura árabe ata a interculturalidade, tolerancia e convivencia que caracteriza á sociedade dos nosos días. Así, tal e como explicou o conselleiro, o obxectivo da exposición é contribuír a eliminar os estereotipos e as imaxes pexorativas que se tiñan no pasado do mundo oriental, ofrecendo unha visión máis ampla e integradora dun Oriente máis próximo, co que xa convivimos a diario.

Na inauguración acompañaron a Vázquez Abad o secretario xeral de Educación, Jesús Oitavén Barcala; e o presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz e secretario coordinador do Foro 2010, Manuel Dios Diz.

Un mundo de estereotipos

De Saladino a Sherezade. Oriente no cómic, é un percorrido polas representación do mundo árabe en cómics tan familiares na infancia como O Capitán América, Tarzán, ou O Guerreiro do Anteface, a través de personaxes como o tirano, o sabio ou o guerreiro árabe, cuxa orixe acabou por formar unha imaxe estereotipada de paisaxes exóticas.

A exposición está organizada arredor de paneis explicativos con textos e imaxes extraídos de diferentes cómics, en torno aos eixos temáticos ‘Oriente son os outros, ‘Arquetipos do ‘nós’ occidental’, ‘Entre o sabio, o guerreiro e o tirano: a imaxe do árabe na prensa gráfica’; ‘Entre a odalisca e Sherezade: personaxes femininos de Oriente’; ‘O orientalismo e a época colonial’; ‘O espellismo dun enfrontamento inventado’; ‘A riqueza do encontro entre dous mundos’; ‘A cidade labirinto e o deserto de espellismo’; ‘As Cruzadas: o escenario do heroe tradicional’ e ‘O cómic contemporáneo: unha nova perspectiva’.

A mostra, que poderá visitarse no MUPEGA do 2 de decembro de 2010 ao 28 de febreiro de 2011, está comisariada por Carles Figuerola, profesor do departamento de Xornalismo da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade Autónoma de Barcelona, e conta co asesoramento científico de Jose María Perceval, historiador e xornalista, especializado en estudos de xenofobia e racismo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información