O Ciclo Voces na Rúa rematou cun encontro de corais no Círculo das Artes
 Antón Bao, vicepresidente da Deputación de Lugo, asistiu ao encontro das 11 corais que puxo o peche ao ciclo “Voces na Rúa”, iniciativa se desenvolveu do luns ao venres pasado polas rúas do casco histórico da cidade. Despois das palabras de benvida a cargo de Antón Bao, e presentadas por Tonina Gay, cada unha das corais interpretou unha peza no acto.
Antón Bao, vicepresidente da Deputación de Lugo, asistiu ao encontro das 11 corais que puxo o peche ao ciclo “Voces na Rúa”, iniciativa se desenvolveu do luns ao venres pasado polas rúas do casco histórico da cidade. Despois das palabras de benvida a cargo de Antón Bao, e presentadas por Tonina Gay, cada unha das corais interpretou unha peza no acto.Como explicou Antón Bao, “Voces na rúa”, foi unha iniciativa da Área de Cultura da Deputación, que “recoñeceu e mostrou o traballo das corais e agrupacións lucenses ao tempo que se puxo en valor a música coral, e se deu a coñecer aos lucenses sacándoa á rúa”. Lembrou que “dende a Área de Cultura traballamos para impulsar a cultura nas súas diferentes expresións e nesta ocasión, achegamos a música coral ao público a través desta iniciativa novidosa, que se pon en marcha por primeira vez”.
Fotografía: Carlos Rodríguez Arias
Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo
  

