Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Colaboración da Egap e do Consello da Cultura Galega na difusión dos valores galegos

O director da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Pablo Figueroa, e o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, asinaron un convenio de colaboración no ámbito da formación e a divulgación, que permitirá axudar á difusión dos valores culturais galegos.

O convenio ten por obxectivo a participación nas actividades da EGAP do persoal dependente de Consello da Cultura Galega, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia de ambas institucións. Deste xeito, actuarase de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e organizacionais de cada un destes entes, para un mellor cumprimento dos seus fins, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega.

As modalidades de colaboración poderán consistir na realización conxunta de cursos, xornadas, seminarios e outras actividades de divulgación; a edición conxunta de libros, outras publicacións e documentos de traballo; a promover a actividade investigadora de ambas as dúas institucións mediante proxectos de investigación conxuntos, entre outras.

Durante a sinatura, Pablo Figueroa quixo salientar que se sempre é un deber para a EGAP colaborar con outras institucións no cumprimento dos seus fins, colaborar co Consello da Cultura Galega, “para actuar nese ámbito esencial que é a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego, non só é una obriga, senón unha vocación para esta Escola Galega de Administración Pública, pola transcendencia desta cuestión que, todos os días, todos debemos ter en conta como norte en todas as nosas actuacións”.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información