Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A literatura galega dispón da primeira antoloxía desde a Idade Media ata 2010

“A antoloxía que presentamos constitúe un ambicioso proxecto no que se recolle unha importante mostra da literatura galega desde a época medieval ata o 2010, o que a converte nun auténtico faro da nosa literatura, que guiará o lector polos textos máis importantes da historia das letras galegas”.

Así se expresou o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, no acto de presentación de Breogán’s Lighthouse: An Anthology of Galician Literature, unha obra coordinada e editada por Antonio Raúl de Toro, na que colabora a Xunta de Galicia, que constitúe a primeira antoloxía da literatura galega con textos desde a época medieval ata 2010.

O conselleiro de Educación salientou que, a través desta obra, “podemos hoxe ofrecerlle a todo o mundo anglófono o maior tesouro de Galicia: un monumento literario comparable ao de calquera outra cultura europea”. Así mesmo, Xesús Vázquez aproveitou para manifestar que “co apoio a esta antoloxía, a Xunta de Galicia demostra, unha vez máis, a súa preocupación por que a lingua, a cultura, o noso patrimonio histórico –neste caso a literatura– sexan coñecidos, valorados e apreciados fóra da nosa comunidade”.

No acto de presentación, que tivo lugar na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela, Xesús Vázquez estivo acompañado polo responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; polo director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López; polo coordinador e editor da obra, Antonio Raúl de Toro; e mais polo coordinador do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Manuel González.

Implicacións positivas para a proxección exterior da lingua e da literatura galegas
O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, salientou que, “ao valor que de por si mesma ten esta escolma por ofrecer unha visión completa e representativa da produción literaria galega, vén sumarse a súa condición de antoloxía bilingüe galego-inglés”. “Isto redundará –engadiu o secretario xeral– nunha maior visibilidade para a lingua e a literatura galegas, porque incrementa o interese polas nosas letras e a nosa lingua fóra de Galicia, ao tempo que favorece, en consecuencia, o recoñecemento internacional tanto do sistema literario galego como tamén do idioma propio de Galicia”.

Un “camiño das palabras” que dá mostra da relevancia creativa da literatura galega
Pola súa parte, o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, asegurou que o libro representa “o camiño das palabras co que podemos comprender a relevancia creativa que lle ofrecemos ao mundo”. Segundo o director xeral, a publicación posibilitará que “o público de fala inglesa poida achegarse ao que precisa da nosa escrita, ás mensaxes que construímos, ao noso xeito de contemplar a realidade e de sentir do mundo”.

Finalmente, Francisco López lembrou que, nun ano tan importante como o Ano do Libro e da Lectura, “esta antoloxía bilingüe nos confirma que, como sociedade, e como país, estamos no camiño correcto, que temos algo para expresar e que podemos sentirnos moi orgullosos das nosas posibilidades e da nosa creatividade literaria”.

150 autores e 285 textos en edición bilingüe galego-inglés

A obra Breogán’s Lighthouse: An Anthology of Galician Literature, publicada pola editorial Francis Boutle de Londres, abrangue textos desde a época medieval ata 2010, cun total de 150 autores e 285 textos en edición bilingüe galego-inglés. Na antoloxía, coordinada e editada por Antonio Raúl de Toro, colaboran a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura e o Instituto Universitario de Estudios Irlandeses, que dirixe o propio Antonio Raúl de Toro.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información