Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Arranca o ciclo Voces na rúa coas actuacións de Cantar Delas e a Coral do Hospital Xeral

O I Encontro de Corais de Lugo, que se celebra baixo o nome de “Voces na rúa”, arrancou coa actuación da coral Cantar Delas e da coral do Hospital Xeral de Lugo. “Voces na rúa”, é unha iniciativa da Área de Cultura da Deputación, que pretende recoñecer e mostrar o traballo das corais e agrupacións lucenses ao tempo que se pon en valor a música coral, e se dá a coñecer á xente sacándoa á rúa.

O evento celébrase en diversos puntos do casco histórico de Lugo e por isto, as actuacións dos grupos vocais teñen lugar en dous itinerarios diferentes cada tarde. A coral Cantar Delas comezou hoxe ás 18:30 horas no itinerario A (Porta Nova – Bolaño Rivadeneira – San Marcos – Pr. Santo Domingo – Raíña – Pr. Soidade) e a coral do Hospital Xeral continuou ás 19:30 polo itinerario B (Campo Castelo – Pr. Maior – Conde Pallares – Pr. Do Campo – Pr. Soidade).

A Área de Cultura traballa para impulsar a cultura nas súas diferentes expresións e nesta ocasión, achega a música coral ao público a través desta iniciativa novidosa, que se pon en marcha por primeira vez. É unha proposta na que os conxuntos corais saen á rúa e interpretan parte do seu repertorio. Deste xeito, achegaranse ao público para presentar de unha maneira informal, unha mostra do que é a música vocal partindo de diferentes interpretacións, desde a máis clásica até a máis actual. Na presentación da actividade a pasada semana, Antón Bao manifestou a súa certeza de que “a iniciativa será un grande éxito”, e animou á cidadanía a participar dela. O domingo 28, para finalizar, celebrarase unha xuntanza no Círculo das Artes onde se darán cita todas as corais participantes no encontro.

PROGRAMA

Luns 22
18:30-19:30 Cantar Delas (A)
19:30-20:30 Hospital Xeral de Lugo (B)

Martes 23
18:30-19:30 Polifónica de Xolda (A)
20:00-21:00 Orfeón Lucense (B)

Mércores 24
18:30-19:30 Coro do centro de maiores de Caixa Galicia “Novo Amencer” (A)
20:00-21:00 Coral Amigos do Camiño de Santiago (B)

Xoves 25
18:30-19:30 Conxunto vocal Lugh (A)
19:30-20:30 Orfeón Xoán Montes (A)
19:30-20:30 Coro de San Antonio (B)

Venres 26
18:30-19:30 Schola Gregoriana Lucensis (A)
19:30-20:30 Solo Voces (B)

Domingo 28
Xuntanza de todas as corais participantes no Círculo das Artes.

ITINERARIOS
A – Porta Nova – Bolaño Rivadeneira – San Marcos – Pr. Santo Domingo – Raíña – Pr. Soidade
B – Campo Castelo – Pr. Maior – Conde Pallares – Pr. Do Campo – Pr. Soidade

Fotografía: arquivo GD/Carlos Rodríguez Arias
Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información