Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Os finalistas do Xuventude Crea en deseño de xoias e artes plásticas expoñen en Santiago de Compostela

Os 23 finalistas do ‘Xuventude Crea 2010’ na especialidade de deseño de xoias e artes plásticas expoñen as súas obras nunha exposición colectiva inaugurada no Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés), en Santiago. A mostra, organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, foi inaugurada hoxe polo director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e pode visitarse en horario ininterrompido de 10,00 a 22,00 horas ata o 4 de decembro.

Na exposición exhibiranse os deseños de xoias asinados por Damián Alonso Ares, baixo o título ‘Movementos sobre a terra’; Rebeca Abadía Gil, con ‘Entroido rolo’; Andrea Piñeiro Piñeiro, ‘Mare mio’; Ana Seara Ferreiro, ‘Gaiolas’; Verónica Jorge Carballeda, ‘Pensamientos Zen’; e Eva Soto Conde, ‘A xoia do coleccionista’.

No eido da fotografía, poderanse ver as obras de Daniel Candal Álvarez, ‘Todos íbamos en ese tren’; de Jose Collazo Méndez, ‘H K’; David Rodríguez Casas, ‘Pegadas do tempo’; Marta González Suárez, ‘Suspensión’; Javier López Prol, ‘Miradas’; e Pablo Alonso Rodríguez, ‘Kyoto’.

A elas sumaranse as pezas esculpidas por Sheila Pazos, ‘Sin título’; Pablo Rodríguez Barreiro, ‘Brain S torm’; Oliver Requeijo Fernández, ‘¿Me das cera?’; Montserrat Piñeiro Torres, ‘Hic et nunc’; e Tania Pérez Arribas, ‘Al otro lado del espejo’.

Tamén se poderán ver as obras pictóricas de José Andrés Santiago Iglesias, A.M.A.D.E.C.A.S.A. (da serie ‘Fetiches’); Miguel Cuba Taboada, ‘Nova Babilonia’; Iago Eireos Franco, ‘Gipsy’; Sheila Pazos Solva, ‘Sin título’; Alexandra García, ‘Habitación cerrada’.

Case 300 mozos e mozas e un total de 186 obras

Arredor duns 300 mozos e mozas da comunidade presentaron un total de 186 obras artísticas ao certame ‘Xuventude Crea 2010’ que convoca o Goberno galego.

A presente edición incluíu un total de 11 especialidades diferentes: teatro, artes plásticas, moda, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis e deseño de xoias. A iniciativa, orientada a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos residentes en Galicia, contou neste exercicio cun total de 280.000 euros.

Unha gala final, que se celebra o 30 de novembro no Teatro Colón da Coruña, recoñecerá o labor e o arte da mocidade galega. No evento participarán os gañadores de todas as especialidades, que recibirán os seus diplomas. O público poderá asistir a unha escolma das súas creacións.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información