Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Martín Azúa, premio Mellor Deseñador 2010, e artesáns galegos presentan os espazos On/Off da Cidade da Cultura de Galicia a estudantes de Deseño de Interiores

Un centenar de estudantes das escolas de Arte e Superior de Deseño de Lugo, Ourense e A Coruña participaron na Cidade da Cultura de Galicia nun encontro co deseñador Martín Azúa, premio AD “Mellor Deseñador 2010” e un dos poucos artistas nacionais con obra fixa no MoMA de Nova York. A esta xornada asistiron tamén algúns dos artesáns galegos máis creativos neste intre, como Idoia Cuesta, Arturo Álvarez ou a directora xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro.

Os alumnos visitaron os novos espazos ON/OFF, un proxecto que se ven de rematar e que foi elaborado por Martín Azúa, Idoia Cuesta, Arturo Álvarez e a firma Martínez Otero. O resultado son dúas salas complementarias sitas entre a Biblioteca e o Arquivo de Galicia, unha pensada como “zona de actividade” e a outra como unha “illa de descanso”. Este traballo é o resultado da fusión das técnicas tradicionais de artesanía galega e a creatividade de deseñadores e artesáns de vangarda.

O espazo ON está pensado como un lugar dinámico para relacionarse e conectarse, un espazo para repor enerxías, celebrar unha reunión informal, conectarse a internet. Contará cun punto de información para orientar aos visitantes sobre as actividades da Cidade da Cultura de Galicia. OFF é, pola contra, unha “illa de descanso”, unha zona para relaxarse e descansar. Sobre unha mesa haberá catálogos e libros relacionados coa Cidade da Cultura e un plasma mostrará unha programación en vídeo. Os asentos estarán fabricados con técnicas de cestaría tradicional galega.

Martín Azúa, Idoia Cuesta, Arturo Álvarez e Elena Fabeiro participaron nunha charla-coloquio cos estudantes titulada “Deseño e identidade local”. Azúa amosouse encantado de colaborar no proxecto que se está a levar a cabo no monte Gaiás. “Todos estamos escoitando falar da Cidade da Cultura e síntome moi contento de poder participar”, asegurou.

No nome dos artesáns galegos, Elena Fabeiro agradeceu a “liberdade creativa” que a Fundación Cidade da Cultura de Galicia lle deu para levar adiante este proxecto, que describiu como unha boa proba de cómo a artesanía pode asociarse e colaborar con outras disciplinas, como o deseño ou a arquitectura.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información