Lugo acolle por primeira vez en Galicia a mostra internacional Leonardo da Vinci y la Música

Leonardo da Vinci y la Música basease nos “Códices de Madrid”, tesouros celosamente gardados na Biblioteca Nacional de España dende hai tres séculos. Compóñense de dous manuscritos correspondentes ó período de madurez do artista, -finais do século XV e principios do XVI-, que recollen debuxos, bocetos, notas, e ata unha lista de 116 libros que formaban parte dos fondos da súa biblioteca. Expertos de todo o mundo estudaron por primeira vez este traballo durante anos. O resultado foi unha exposición que amosa a dimensión creativa de Leonardo, a súa relación coa música de maneira científica e lúdica, así como 20 instrumentos realizados de acordo cos seus manuscritos.
6 luthiers de recoñecido prestixio, -un xaponés, un mexicano, e catro españois-, lograron construír a famosa lira de plata en forma de cráneo de cabalo que Leonardo levou á corte do Duque de Milán; a viola organista, un instrumento para música de cámara moi innovador e complexo; ou o órgano de papel. Trátanse de tres instrumentos cos que na actualidade se interpreta o sexteto “l`amore mi fa sollazar” con obras de compositores contemporáneos de da Vinci: Conrad Paumann, Johannes Vincenet, Antoine Busnois, Gulielmus, Isaac, Joanambrosio Dalza ou Josquim Desprez, entre outros.
Composición da mostra e artistas
A Capela de Santa María e a sede do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación son os escenarios desta ampla mostra na que se poderá ver a cronoloxía da vida de Leonardo; facsímiles de varios Códices de da Vinci engarzados nun árbol de plata; 800 fotografías dixitalizadas dos Códides Madrid I e II en español e inglés; sesenta banderolas estampadas de tres metros de alto por un de ancho; experimentos musicais interactivos; mesas temáticas sobre a orixe do son, mecanismos do aire, ou as escenografías do artista; así como os instrumentos realizados polos 6 luthiers: Akio Obuchi, xaponés construtor da viola organista; Joaquín Lois, español, -Tordesillas-, autor do órgano de fuelle continuo, teclado vertical e tubos papel; Abel García, creador da lira de plata en forma de cráneo de cabalo. Vive e traballa en Paracho, México; Luis Angel Payno, español, -Madrid-, construtor da carraca de tres lenguetas, carraca con porta corredoira, carraca tubular, timbal mecánico a tres baquetas, tambor con tornillo de tensión regulable, tampor de tiras de pel afinadas, tambor de tres patas, vasija percutida e tambor de tixeira; Carlos Blanco, español,- Alicante-, autor de variantes do tambor flauta e flauta glissando; e Luciano Pérez, lucense e artesán do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación que realizou o tambor flauta, carraca manga, tambor de fricción, flauta glissando, trompa e tambor carraca.
Medio millón de visitantes

A entrada é gratuita. O horario de apertura ó público da Capela de Santa María e do CENTRAD é o seguinte:
- de luns a venres 10:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 20: 00 horas
- sábados: 17:00 a 20:00 horas
- domingos e festivos: 11:00 a 14:00 horas
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo