Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Courel e Novoneyra, poesía e imaxes, na Casa de Galicia en Madrid

"Non se ama o que non se coñece e Uxío Novoneyra coñecía tan ben e amaba tanto a súa terra do Courel que a súa poesía pode utilizarse como unha descrición detallada da verdadeira natureza do Courel", dixo José Manuel Blanco López, enxeñeiro de Montes do Estado, na disertación que ofreceu na Casa de Galicia en Madrid. Un acto no que logrou unir natureza e poesía, e no que incluíu tamén para ilustrar, preciosas imaxes da serra lucense que tanto inspirou ao poeta.

A presentación do acto realizouna a responsable de Actividades Económicas da Casa, Ana Rodríguez Barrena, quen resaltou "a dobre sensibilidade do noso convidado, tanto científica coma literaria," sobre dous acontecementos deste ano 2010, "ano internacional da biodiversidade" e literario pola decisión da RAG de dedicar, o Día das Letras, a Novoneyra.

"Novoneyra tamiza a través da súa experiencia e sentimentos a natureza que percibe e da que participa e a mostra como algo harmónico coa vida cotiá das xentes do Caurel", comentou o orador.

Durante a conferencia, Blanco López repasou, enumerou e describiu as principais especies vexetais así como os hábitats máis característicos da serra. "Dende o punto de vista científico, ou Courel é o territorio con máis biodiversidade de Galicia, con preto de 20 especies ameazadas e máis de 30 tipos diferentes de ecosistemas protexidos", dixo. Destacan, pola súa importancia no contexto galego, especies como a xenciana, unha especie de lirio e toda a flora asociada aos afloramentos calcarios e á alta montaña. En relación aos bosques, "na bisbarra do Courel encóntranse bosques de teñas, aciñeirais, carballeiras e bosques mixtos como a Devesa da Rogueira".

O investigador, que na actualidade traballa na Dirección General de Desarrollo Sostenible de Medio Rural do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, en Madrid, sinalou tamén a grande importancia que a poboación ten para o mantemento desa biodiversidade. Podería dicirse que a verdadeira esencia e o que lle achega un valor diferenciador ao Courel son os bosques de castiñeiros (chamados soutos) e os prados de sega de montaña. Ambos os dous dependen da intervención humana e a perda de poboación con valores de máis do 40% na última década poñen en perigo a súa conservación".

“A verdade, é que dan ganas de coller a maleta e marchar ao Courel”, comentaba unha moza á súa amiga, “ves esas imaxes e imaxínaste que se non é o paraíso, se lle debe parecer moito”, dicían moi asombradas.

Tras a exposición, estableceuse un animado coloquio no que, público e relator, intercambiaron datos e opinións. antes de pasar a degustar unha selección de produtos ecolóxicos que fixo chegar a empresa Caurelor para obsequiar a os asistentes.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información