Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Os espectáculos galegos Super8 e Ovay, en Madrid

As compañías galegas Voadora e Quique Peón Cía. viaxan a Madrid para presentar os seus últimos espectáculo, Super8 e Ovay, coproducidos respectivamente polo Centro Dramático Galego (CDG) e o Centro Coreográfico Galego (CCG). A montaxe da plataforma Voadora escenifícase na Sala Triángulo, onde mañá sábado terá ofrecido un total de tres funcións; mentres que Quique Peón foi seleccionado polo Festival Internacional Madrid en Danza para actuar, tamén mañá, no Centro Cultural Pilar Miró.

Voadora chega a Madrid con Super 8 como primeira parada da xira que desenvolverá dentro do circuíto da Red de Teatros Alternativos, asociación integrada por 34 espazos escénicos de 12 comunidades autónomas. O Teatre de Ponent en Granollers (19-21 de novembro), a Sala Cero de Sevilla (10-12 de decembro) e o Teatre Sans de Mallorca (27-30 de xaneiro) serán os escenarios onde recalará proximamente esta comedia musical, que o pasado día 7 foi representada en Santander no marco da VI Muestra de Teatro y Danza Contemporáneos, organizada así mesmo pola Rede de Teatros Alternativos.

Cine en escena

Teatro, música en vivo e danza únense en Super8 que, partindo do cine como metáfora da memoria e da memoria como teatro do vivido, xira arredor duns personaxes que se debaten entre a obsesión por recordar e a importancia de esquecer. É, ademais, a segunda entrega da triloxía Lugares comúns e a terceira produción asinada por Voadora, compañía galega con vínculos en Portugal na que os seus integrantes conforman unha plataforma de creación multidisciplinaria na que traballan a partir da experimentación, o xogo e a procura de novas linguaxes.

Nesta coprodución, estreada o pasado mes de abril no Salón Teatro de Santiago, Marta Pazos encargouse da dirección e da dramaturxia, mentres que José Díaz e Hugo Torres compuxeron a música orixinal do espectáculo que os tres interpretan xunto a Uxía P. Vaello e Sergio Zearreta. Nesta xira española, Borja Fernández incorpórase ao elenco no papel habitualmente interpretado por Hugo Torres.

Tradición dende a contemporaneidade

Pola súa banda, Ovay de Quique Peón forma parte da programación do prestixioso Festival Madrid en Danza, que este ano celebra a súa vixésimo quinta edición consolidado como unha das principais programacións coreográficas a nivel internacional. Nesta ocasión, 33 compañías de máis de 13 países conforman a variada carteleira artística do certame, no que o coreógrafo e bailarín coruñés presenta unha montaxe con múltiples referencias e evocacións ao baile popular galego, aínda que amosadas cunha particular estética e cun tratamento formal que se introduce nas formas da danza contemporánea.

Coproducido en 2009 xunto ao Centro Coreográfico Galego, este espectáculo supón ademais o debut de Peón á fronte da súa propia compañía. El é o creador, director e intérprete de Ovay, no que tamén xoga un papel destacado a música da gaita, o acordeón, a zanfona, a requinta e outros instrumentos de percusión executados en directo por Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero.

O título fai referencia a unha voz da antiga xerga dos canteiros para explorar as catro estacións do camiño da vida e os catro puntos cardinais da alma. Isto plásmase mediante melodías e movementos que se distribúen no espectáculo de xeito xeográfico –atendendo ao Leste, o Sur, o Norte e o Oeste de Galicia–, o que conforma o eixo conceptual da proposta.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información