Santiago acolle o VIII Festival Microfest, no ciclo Galicia ao Vivo
O director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos Cidrás, asistiu á rolda de presentación do festival Microfest, incluído no ciclo Galicia ao Vivo da programación de Xacobeo 2010. A oitava edición deste festival de cultura urbana celebrarase os días 12, 26 e 27 de novembro en Santiago, cun programa no que se inclúe música en directo e actuacións durante o día.
O festival Microfest forma parte do ciclo Galicia ao Vivo, deseñado por Xacobeo 2010 coa intención de promove e proxectar dentro e fóra da comunidade galega unha serie de doce festivais de música. Na rolda de prensa celebrada esta mañá, tamén estiveron presentes Xaime Casas, director de Microfest, o rapeiro Tote King xunto a DJ Randy, e El Galgo.
Para esta edición, enmarcada nos eventos destacados da programación de Xacobeo 2010, Microfest e a web Galiciaflow.net impulsaron a edición do disco Galiciaflow VOL.1, que compila vinte cancións co mellor e máis actual do panorama rap en Galicia.
O programa de Microfest comezará o 12 de novembro na Sala Capitol cun dos artistas galegos más representativos da escena hip hop, Rack Eterno, que trae os novos temas do seu traballo El Asesinato de la Creación. A el súmase ese día o sevillano Tote King, un dos máis respectados rapeiros de España, que presenta El Lado Oscuro de Gandhi.
Na segunda xornada, o 26 de novembro, proxectarase en Arteria Noroeste ás 16.00 horas, o documental Días de asfalto y tinta, un percorrido polo pasado, presente e futuro do hip hop que lanzou a revista Hip Hop Life con motivo do seu primeiro aniversario. A continuación, celebrarase un foro con Dobleache, David Moreu e El Galgo.
Xa pola noite actuarán na Sala Capitol o trío valenciano Cookin Soul xunto cun animador de luxo, Mbaka; o rapeiro coruñés El Pablo Ese, que presenta A mi madre le gustan mis raps; a banda de Santiago de Compostela 504, que chega co seu disco homónimo; e Shelar & Erin, dous dos principais referentes da escena hip hop compostelá e galega, que agora asocian o seu talento para esta nova edición do Microfest.
A última xornada, o 27 de novembro, comezará en Arteria Noroeste cun obradoiro de letras de rap impartido por El Chojín, un dos artistas máis coñecidos e representativos do rap en España. Este obradoiro está pensado para fomentar valores coma o respecto, a autoestima e a non violencia. A participación é gratuíta para todos os posuidores do bono Microfest, previa inscrición en info@microfest.net
Os encargados de clausurar Microfest na Sala Capitol serán o madrileño Swan Fyahbwoy, revelación da escena reggae/dancehall e fundador do colectivo Madrid Dancehall Crew; e Seis Senseis, grupo de A Coruña que presenta Don’t stop the rap, un disco composto por tres cancións, que estará en descarga libre na internet.
As entradas para asistir aos concertos que conforman Microfest pódense adquirir a través da web www.idearock.com, de www.laboleteria.es ou en tendas de discos de Santiago (Gong Discos e Fat Flay), A Coruña (Portobello), Pontevedra (Tipo) e Vigo (Elepé e Tipo). Asemade, pódese comprar un bono de vinte euros para os tres días.
PROGRAMA
VENRES 12 NOV / SALA CAPITOL / 21:00 H
Tote King
Rack Eterno
VENRES 26 NOV / ARTERIA NOROESTE / 16:00 H
Proxección documental Días de asfalto y tinta de David Moreu
Foro Presente, pasado e futuro da cultura urbana / A escena hip hop galega con Dobleache, David Moreu & El Galgo (ink)
VENRES 26 NOV / SALA CAPITOL / 21:00 H
Cookin Soul & Mbaka
El Pablo Ese
504
Shelar & Erin (Compostela all stars)
SÁBADO 27 NOV / ARTERIA NOROESTE / 10.30 H
Obradoiro de composición de letras rap por El Chojín
SÁBADO 27 NOV / SALA CAPITOL / 21:00 H
Swan Fyahbwoy
Seis Senseis

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia