Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Entréganse os premios e inaugúrase a mostra do Certame Fotográfico Caetra Lucensium

O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, participou no Museo de Lugo na entrega de premios e na inauguración do I Concurso Exposición de Fotografía organizado polo grupo de reconstrución histórica Caetra Lucensium e que apoia a Área de Cultura da Deputación, no que os fotógrafos afeccionados presentaron 120 obras, cun máximo de 5 instantáneas por persoa, tomadas durante o Arde Lucus MMX. Entregaron os premios aos gañadores o vicepresidente da Deputación, Antón Bao, a directora do Museo de Lugo, Aurelia Balseiro, o presidente da agrupación Caetra Lucensium, Alberto Sánchez Vicente, e o xerente da empresa que colabora no patrocinio do concurso, Jorge Lois, de Macrocopia.

Na súa intervención, Antón Bao agradeceu á asociación a organización do certame, e sinalou que Caetra Lucensium non se limita a celebrar eventos de recreación co gallo do Arde Lucus, senón que tamén “facilita o acceso e a divulgación da cultura romana e castrexa ao público en xeral mediante a organización de actividades coma o propio concurso fotográfico do que hoxe se entregan os premios ou obradoiros de xogos de época romanos con fins didácticos”. Afirmou que “o papel da Área de Cultura da Deputación é colaborar activamente con eles para difundir os valores culturais do país, as súas orixes castrexa e romana”.

As obras gañadoras, xunto cunha selección do xurado das mellores fotografías que non obtiverno premio, compoñen a exposición que hoxe se inaugurou no Museo de Lugo e que permanecerá até o vindeiro 14 deste mes. O xurado do certame estivo composto por: Esteban González Senande (Fotografo do xornal El Progreso); José Ramón Geada Pérez (Membro la Federación Española de Profesionais da Fotografía); Alex Pino (Comisario de varias exposicións de fotografía); Teo Rodríguez (membro da organización, que actuou como secretario).

A continuación achégase a listaxe cos premiados:

1º PREMIO CATEGORIA INFANTIL: VIDEOCONSOLA WII

-Miguel David Burgo Quijada pola fotografía “A galope”,

1º PREMIO CAETRA LUCENSIUM DE FOTOGRAFIA: 300 EUROS

-Alberto Leiro Castro pola fotografía “Uniforme de gala”

2º PREMIO CAETRA LUCENSIUM DE FOTOGRAFIA: 200 EUROS

-Marcos Legaspi Murado pola fotografía “O reflexo da vitoria”

3º PREMIO CAETRA LUCENSIUM DE FOTOGRAFIA: 100 EUROS

-Óscar Vázquez Arrojo pola fotografía “Agora non”

ACCESIT CAETRA LUCENSIUM DE FOTOGRAFIA: 50 EUROS

-Antonio Rodríguez Acín pola fotografía “Romano”

ACCESIT CAETRA LUCENSIUM DE FOTOGRAFIA: 50 EUROS

-Javier Portomeñe Cabanas pola fotografía “O soño”

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información