Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Presentouse en Lugo a exposición dos Fondos do Museo do Prado

O nacionalista Antón Bao, vicepresidente da Deputación, e a directora do Museo de Lugo, Aurelia Balseiro, e María Quiroga, comisaria da exposición, presentaron a mostra que expón os depósitos do Museo do Prado que se atopan no Museo Provincial de Lugo e que poderá verse desde mañá até o 13 de febreiro. O depósito actual do Museo do Prado en Lugo está composto por vinte e oito pinturas desde o século XVI ao XIX e dúas esculturas do XIX, que se reúnen, por primeira vez, nesta exposición que se inaugurará mañá. Xunto ás obras que compoñen o depósito efectuado polo Museo do Prado directamente en 1940 expóñense tamén outras que foron depositadas nos anos trinta polo antigo “Museo Nacional de Arte Moderna”.

A exposición articúlase en torno a tres bloques coincidentes co catálogo do Museo do Prado. No primeiro reuníronse as obras pertencentes á Colección Real, que son parte dunhas obras acumuladas polos reis de España e que Fernando VII expón publicamente por primeira vez no 1819. Despois da morte deste monarca, o temor a unha división das coleccións entre as dúas herdeiras, -Isabel II e Luísa Fernanda-, fará que a colección se adscriba á Coroa en 1865 e que tres anos máis tarde se decrete a súa propiedade estatal, pasando a denominarse “Museo Nacional” en vez de “Museo Real”. Nun segundo bloque están as obras que se inclúen no inventario de Novas Adquisicións, que recolle as doazóns, legados e adquisicións feitas polo Museo do Prado. Por último, o terceiro apartado esta destinado a expor as obras procedentes do antigo “Museo Nacional de Arte Moderna”.
Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información