Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Premio Cervantes Antonio Gamoneda pecha o programa Camiño ao Andar

O premio Cervantes Antonio Gamoneda e o escritor italiano Erri de Luca intervirán na que será a última sesión das xornadas de reflexión e diálogo Camiño ao andar. Organizadas por Xacobeo 2010 dentro da súa programación de Camiño da Reflexión, estas xornadas permitiron desde o pasado 18 de outubro escoitar no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e na sede da Fundación Cidade da Cultura de Galicia a expertos de distintas disciplinas da cultura contemporánea, como Shlomo Ben Ami, Félix de Azúa, Gerard Mortier, Rafael Moneo ou Michel Bauwens. Para esta tarde está prevista a participación de Georges Didi-Huberman e Estrella de Diego, que falarán a partir das sete no Auditorio do CGAC.

O escritor, tradutor e poeta italiano Erri de Luca será o encargado de comezar ás sete da tarde no CGAC a sesión de mañá coa súa conferencia, titulada O camiño en zigzag da liberdade. Autor dunha poderosa obra literaria marcada por elementos autobiográficos como a súa militancia na extrema esquerda italiana ou a súa experiencia como obreiro, camioneiro ou albanel, na súa intervención reflexionará sobre como a palabra pública, a poesía, o canto ou o teatro poden conducir aos camiños da liberdade.

A partir das oito Antonio Gamoneda, unha das principais figuras vivas do panorama poético en lingua española, pronunciará a última conferencia de Camiño ao andar, titulada Creación estética de e sobre o Camiño: forma, iconografía, escritura. Nesta intervención fará un seguimento espacial e temporal de aspectos estéticos presentes ou suscitados polo Camiño de Santiago. A partir das nove do serán celebrarase un coloquio, no que poderán participar os inscritos ás conferencias de mañá, nas que xa non hai prazas dispoñibles.

PROGRAMA 28/10/2010. Auditorio CGAC
19:00 Erri de Luca
O camiño en zigzag da liberdade
20:00 Antonio Gamoneda
Creación estética de e sobre o Camiño: forma, iconografía, escritura
21:00 COLOQUIO

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información