Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Cristina Pato, Mercedes Peón e sete empresas musicais galegas participan no Womex de Copenhague

O Womex de Copenhague, a máis importante cita profesional coa música de raíz, volverá contar cunha destacada representación galega a través das actuacións de Cristina Pato e Mercedes Peón, así como das sete empresas e dúas asociacións que do 27 ao 31 de outubro participan nesta World Music Expo. Co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), a prioridade da delegación artística e comercial galega é continuar avanzando na proxección exterior dos nosos intérpretes e grupos actuais, así como na súa promoción conxunta baixo a marca Galiciantunes.

A esta feira internacional, que por segundo ano consecutivo ten a súa sede na capital dinamarquesa, asistirán as compañías Articket, Berrogüetto Producións, Fol Music, Lóspregos, Mare, Nordesía e Zouma. Xunto á representación institucional encabezada polo director da Agadic, Juan Carlos Fernández Fasero, tamén viaxarán a Copenhague integrantes das dúas principais asociacións do sector: Agaphono (Asociación Galega de Produtoras Fonográficas) e AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais), encargadas de coordinar a presenza desta delegación comercial no Womex 2010. No recinto feiral, a música de Galicia presentarase a través dun espazo propio para Galiciantunes dentro do amplo stand da plataforma Sounds from Spain.

Este ano, ademais, a presenza galega na feira verase reforzada coas actuación de dúas das nosas artistas máis internacionais –Cristina Pato e Mercedes Peón– que, a través de dous escenarios e formatos diferentes, terán a oportunidade de presentar o seu traballo no marco dun encontro ao que este ano asisten 2.900 axentes acreditados procedentes de 90 países.

Programación paralela e sección oficial

Cristina Pato será a encargada de abrir o concerto que Sounds from Spain organizará na noite do 28 do outubro dentro do programa offWomex, que se desenvolverá no DR Koncerthuset. A gaiteira ourensá foi seleccionada pola plataforma española xunto aos grupos Taifas e La Migas para formar parte desta programación paralela, dirixida tanto aos participantes da feira como ao público xeral.

Pola súa banda, Mercedes Peón actuará o día 29 na sede feiral do Forum Copenhaguen, dentro da sección oficial de showcases, como primeira representante da música galega elixida expresamente polo xurado internacional do Womex entre máis de 800 propostas de todo o mundo. Coincidindo coa inminente saída ao mercado do seu novo traballo discográfico, SÓS, a compositora e instrumentista coruñesa amosará ante un público exclusivamente profesional a súa persoal performance, un espectáculo interdisciplinar froito dunha contemporaneidade sen complexos que inclúe a variedade das súas composicións e no que Peón interpreta todos os instrumentos e interactúa con cada un deles.

Material promocional

Ademais do material promocional xenérico e do particular que acheguen as diferentes discográficas, a delegación galega distribuirá en Womex 2010 un dobre cd de audio con libreto, preparado especificamente para as feiras internacionais de música deste ano. Este cd recolle a produción musical galega máis recente dividida por xéneros en pop-rock e jazz (cd1) e roots (cd2), ofrecendo neste último caso temas de Mercedes Peón, Cristina Pato, Berrogüetto, Uxía, Guadi Galego, Fuxan Os Ventos, Xosé Manuel Budiño, Anxo Lorenzo, Sondeseu, Bellón Maceiras Quinteto, A Banda das Crechas, bOnOvO, Narf e Manecas Costa, Batuko Tabanka, Narf, Trasmundi e Renato Spencer.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información