Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Preséntase en Bruxelas o facsímil da obra de Torrente Ballester: Compostela

O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, asegurou que a edición facsímilar da obra “Compostela” de Gonzalo Torrente Ballester supón unha “viaxe fascinante” á cidade Santiago. “Sei que quenes lean esta obra quedarán fascinados”, asegurou, “tambén eles vivirán a peregrinación, o tacto da trencha e da pedra, o picar feliz dos canteiros ao pé da escalinata do Obradoiro”. “Torrente Ballester creou un vértice no que todos os que caemos nel agradecemos ata o infinito a profundidad e a beleza da viaxe”, engadiu.

A presentación internacional da edición facsimilar de “Compostela”, publicada este ano pola Xunta de Galicia, a Fundación Torrente Ballester e o Consorcio de Santiago, tivo lugar na sede do Instituto Cervantes de Bruxelas onde se desenvolveu un acto de Conemoración do Centenario do escritor ferrolán, inciativa do Clube Galego de Bruxelas. O acto, que incluíu a proxección do audiovisual “GTBxGTB”, contou coa participación ademais da directora do Instituto Cervantes de Bruxelas, María González Encinar; o presidente da Fundación Torrente Ballester, Álvaro Torrente, e o escritor Xavier Alcalá.

Na súa intervención, o director xeral de Cultura asegurou que Gonzalo Torrente Ballester ocupa “un lugar de privilexio no espazo intemporal da prosa con auténtica vocación de arte, e que constitúe parte do patrimonio literario deste vello continente”. Neste sentido, manifestou o compromiso da Xunta de Galicia na divulgación da obra de GTB neste Centenario, no que “xunto co Consorcio de Santiago e a Fundación Torrente Ballester sumámonos para darlle un punto de apoio arquimediano, unha base para continuar movendo o mundo, ofrecéndolle esa perspectiva, que crece a medida que Compostela se realiza máis a si mesma”.

No seu discurso, o director xeral detallou que a visión inmortal de Torrente Ballester acerca da cidade do Apóstolo “está no adolescente que segue docencia nas nosas aulas, no profesor xuvenil que constrúe degustadores de literatura, no paseante e conversador que marcan as horas en recorridos de retorno constante ou no timbre da súa voz”. Do mesmo xeito, Francisco López afirmou que a obra amosa un “Torrente que amou a Compostela” e que descubriu o seu “don trascendente”.

Para Francisco López, nas páxinas do volume ‘Compostela’ queda reflectida “a intensidade vital que lle soubo transmitir aquel profesor miúdo á experiencia vital de sentir unha cidade emblemática nas venas e na medula”. “Gonzalo Torrente Ballester sinte no seu corazón o ritmo seguro da construción de Compostela, desde as luces marabillosas ata os sucesivos alzamentos da Catedral”, apuntou.

Colaboración institucional

No marco da celebración do Ano do Libro e da Lectura de Galicia e o Xacobeo 2010, a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura e da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, colabora en diversas actividades coa Fundación Gonzalo Torrente Ballester para recordar a figura e obra do autor, así como para a promoción e o fomento da lectura e aproximación ao mundo da creación de Torrente no centenario do seu nacemento.

O programa conxunto de actividades abarca case todas as facetas do prolífico autor, aínda que principalmente céntrase na súa labor literaria. No marco deste programa, tamén se inclúe o obxectivo de dinamizar a biblioteca persoal de Torrente Ballester, así como o coñecemento e a divulgación entre os escolares da vida e obra do escritor ferrolán.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información