Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Centro Coreográfico Galego inicia un programa de apoio á investigación na danza

O Centro Coreográfico Galego (CCG) convocou un novo programa de apoio á danza dirixido á promoción da investigación no ámbito da creación coreográfica. Con esta iniciativa, que reformula e substitúe o anterior plan de residencias artísticas, a unidade da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) abre unha vía adicional de asesoramento e apoio económico para os coreógrafos e coreógrafas que desenvolvan o seu traballo en Galicia.

Así, os creadores seleccionados percibirán unha dotación económica de entre 2.000 e 6.000 euros para materializar as súas propostas, ademais de contar cun acompañamento artístico e técnico especializado durante o proceso de desenvolvemento dos seus proxectos, cunha duración estimada de entre dous e tres meses.

Os interesados teñen de prazo ata o vindeiro 20 de outubro para facer chegar ao Centro Coreográfico a solicitude normalizada, xuntando currículo e memoria explicativa. O comité de selección, que estará integrado pola directora e tres profesoras de baile e danza do CCG, manexará como criterios de avaliación aspectos como a solidez formal e conceptual, a calidade e interese, a contribución e influencia no sector da danza e a viabilidade. Valorarase, asemade, a traxectoria artística dos solicitantes, especialmente no ámbito das artes escénicas galegas.

Exhibición do traballo resultante

Os artistas seleccionados están obrigados a entregar un informe explicativo e gráfico de todo o proceso de investigación e a realizar, así mesmo, unha exhibición pública do traballo resultante, que se levará a cabo previsiblemente a principios de 2011.

A presentación pública destes traballos ten como principal obxectivo lograr unha maior repercusión social dos proxectos, así como o máximo aproveitamento desta iniciativa polo conxunto do sector en Galicia.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información