Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A XIV Artesanfroilán congrega a 26 artesáns de distintos sectores

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e o Alcalde de Lugo, José López Orozco, inauguraron a XIV edición de Artesanfroilán. Trátase da feira de artesanía que o CENTRAD,-entidade dependente do organismo provincial-, organiza en colaboración co Concello da capital co obxectivo de dar a coñecer o traballo destes profesionais e de impulsar o sector, aproveitando o grande número de visitantes que se achegan á cidade durante as festas patronais.

Para elo, dende hai 3 anos, o Concello de Lugo cede á Deputación a céntrica praza de Anxo Fernández Gómez, un espazo situado detrás da Casa Consistorial e moi transitado durante o San Froilán. Precisamente, a excelente localización condicionou, segundo reflicte o incremento no número de profesionais interesados en participar, o éxito acadado de Artesanfroilán nos últimos anos. Deste xeito, para este convocatoria, o CENTRAD recibiu un total de 110 solicitudes de artesáns de todas as Comunidades de España e, por primeira vez, de Portugal.

Lara Méndez subliñou que “grazas á colaboración do Concello esta feira está situada no corazón de Lugo. É un luxo contar con este espazo para que os artesáns poidan exhibir os seus produtos”. Pola súa banda, o Alcalde de Lugo destacou que “un ano máis coa colaboración do CENTRAD serán moitas as persoas que gocen do traballo que realizan as mans destes artesáns. O San Froilán é unha festa de interese turístico galego e mesmo nacional. Esta feira é unha extraordinaria forma de conservar a nosa tradición e a nosa materia prima. Ademais, é un sector que crea postos de traballo”.

O organismo provincial seleccionou a 26 deles; un proceso no que se tiveron en conta a calidade do produto, que todos os oficios artesanais estivesen representados, e no que se primou a orixe lucense dos mesmos. Finalmente, a representación dos profesionais é a seguinte: 12 de Lugo, 9 da Coruña, 3 de Pontevedra, 1 de Asturias e 1 de Portugal. Asimesmo, as pezas expostas á venda varían dende a xoiería, oleiría, cerámica, pratería, téxtil, vidro, serigrafía, e ata hai orixinais produtos elaborados con pedra, cartón, madeira ou metal.

“Cada ano é máis difícil escoller a este número de artesáns. Pero o certo é que se están aquí é pola calidade do seu produto e polo seu traballo”, apuntou Lara Méndez.

Galardón e horarios

A Deputación premiará ó mellor “stand” con 1.000 euros, para o que se terán en conta tanto a calidade do produto como a súa exposición ó público. A mostra, cuxa entrada é gratuíta, conta co seguinte horario:

- días 5 e 10 de outubro: de 11:00 ás 14:30 horas, e de 17:00 á 21:30 horas.
- días 6, 7, 8, 9 e 11 de outubro: de 11:00 ás 14:00 horas, e de 17:00 ás 21:00 horas.
- día 12 de outubro: de 11:00 ás 14:30 horas, e de 17:00 ás 21:00 horas.


Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información