Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Eli Paperboy Reed actúa en Compostela o 17 de novembro

O ciclo Xacobeo Importa engade unha nova incorporación ao seu cartel de concertos para o Ano Santo. O 17 de novembro a Sala Capitol de Santiago acollerá a partir das 21.30 horas a actuación de Eli “Paperboy” Reed, na que o cantante presentará temas do que foi definido como o mellor soul do século XXI.

Eli “Paperboy” Reed, de só 25 anos e considerado un dos artistas revelación do 2008, e a súa banda The True Loves pisarán por primeira vez un escenario galego. Tralo seu magnífico disco Roll with you, que sacou ao mercado hai dous anos, fichou pola multinacional EMI e este ano presentou Come and get it. Asemade, a prensa internacional comparouno cos grandes, e medios como Rolling Stone, Mondo Sonoro, Rockdelux ou Ruta 66 foron unánimes ao elixir o directo de Reed como un dos mellores que pasou por España en 2008 e 2009.

Tralo verán, o ciclo Xacobeo Importa volve cunha apertada axenda para o que queda de 2010. Este venres, 1 de outubro, será a quenda de Interpol e xa no mes de novembro, os míticos The Zombies actuarán en Vigo e Alice Cooper chegará a Santiago para ofrecer un concerto que non deixará indiferente a ninguén. Por último, a banda Teenage Fanclub pechará o ciclo Xacobeo Importa cun concerto en Santiago o próximo 3 de decembro.

Xacobeo Importa é una iniciativa do Xacobeo 2010 e o Ciclo Importa que supón unha programación regular, que engloba a grupos e artistas do circuíto independente, que nunca visitaron Galicia, ou que pola súa traxectoria, estilo ou relevancia, merecen ser presentados ao público galego en actuacións únicas e formatos especiais.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información