Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Deputación de Lugo e Museo do Pobo Galego crearán un arquivo do partrimonio oral lucense

O presidente da xunta rectora do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi, asinou no despacho de Antón Bao o convenio de colaboración entre a Área de Cultura da Deputación e o devandito centro para a creación do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI). Coa sinatura deste convenio dáse resposta á necesidade de efectuar unha conservación de testemuños do patrimonio oral lucense e galego, de xeito que queden debidamente clasificados, cuns criterios técnicos que permitan o acceso aos mesmos a investigadores, xestores, creadores e promotores culturais.

Como explicou Bao, “esta iniciativa, que conta co apoio decidido da Área de Cultura da Deputación, xorde como consecuencia da evolución do proxecto Sons e Voces da Identidade”, o programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial posto en marcha en 2007 polo Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego. O vicepresidente explicou que “o proxecto trata de recuperar e conservar o patrimonio inmaterial propio, como son por exemplo as cántigas e outros elementos senlleiros especialmente da montaña de Lugo”. Como manifestou Bao, deste xeito “posibilitarase o posterior estudo por parte de expertos ou investigadores da tradición oral que existe nas comarcas, algo que é moi importante para a nosa identidade como lucenses e como galegos”.

Estarán así a disposición dos sectores interesados os aspectos e valores do imaxinario da sociedade galega, adaptados para a investigación histórica, antropolóxica e artística, e tamén para a difusión cultural. O proxecto atópase con diversas problemáticas á hora de facerse realidade: por unha banda, o mal estado de conservación das cintas magnéticas onde se recollen estes documentos, e por outro a necesidade de someter estes materiais a un proceso de edición coa finalidade de convertelos en documentos aptos para a consulta e a divulgación. Deste xeito, en primeiro lugar levarase a cabo a dixitalización dos materiais orixinais cedidos polos compiladores, para despois editar esas gravacións. Transcribiranse os materiais musicais entón, para posteriormente confeccionar o arquivo sonoro en forma de ampla base de datos que albergará un gran número de rexistros de interese etnográfico e cultural que permitan empregar criterios de busca amplos e diferentes aos habituais.
Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información