Fonmiñá inaugura a mostra de carteis anunciadores da XXXII Semana de Cine

Deste xeito, a mostra que estes días acolle o edificio da Xunta de Galicia na capital lucense abre a programación da Semana de Cine, que se celebra entre o 26 de setembro e o 2 de outubro, e que incluirá, ademais da proxección de preto de corenta filmes de autor, diversas exposicións e a estrea dun documental e un ciclo de películas dedicado ao actor galego Enrique Muiño. A homenaxe ao intérprete complétase coa publicación dun libro que recolle a súa traxectoria vital e profesional.
O gañador do concurso, cuxa convocatoria se efectuou a través de Internet, é Martín Fores Sanz. O deseño do artista valenciano foi escollido entre sesenta propostas por un xurado formado por membros da asociación Fonmiñá e representantes das institucións patrocinadoras e colaboradoras, entre as que se atopan a Xunta de Galicia e o Plan Xacobeo.
A entrega de premios desenvolverase o vindeiro día 27 de setembro, coincidindo coa xornada inaugural da Semana Internacional de Cine de Autor, que este ano chega á súa trixésimo segunda edición. O gañador do certame recibirá 1.000 euros de premio, ademais dunha estatuíña de Sargadelos.
A presentación e apertura da mostra correu a cargo da xefa territorial de Presidencia, Marta Barreiro, e o presidente do Grupo Cinematográfico Fonmiñá, Xulio Xiz, e máis o director da Semana de Cine de Autor de Lugo, Manuel Curiel.
Fonmiñá:
O mércores, día 15 de setembro, inaugúrase na sala de exposicións da Xunta de Galicia en Lugo unha mostra de carteis presentados ó Certame convocado por Fonmiñá, para elixir o cartel anunciador da XXXII SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR.
Dos sesenta carteis presentados, hanse expoñer corenta, seleccionados polo Xurado con este fin.
O valencián MARTÍN FORES SANZ é o gañador do Concurso convocado polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá para elixir o cartel anunciador da XXXII Semana Internacional de cine de Autor de Lugo. O premio está dotado con 1.000€ e unha estatuíña de Sargadelos.
Ó Certame concorreron un total de sesenta carteis recibidos de Navarra, Tarragona, Madrid, León, Jaén, Cáceres, Lleida, Ourense, Sevilla, Zaragoza, Barcelona, Cuenca, Valencia e Lugo. Á selección final chegaron cinco deseños procedentes de Lleida, Zaragoza, Astorga, Ourense e Valencia, sendo elixido este último.
A convocatoria do certame efectuose exclusivamente por Internet, a través da plataforma www.galiciadigital.com e das páxinas www.semanadecine.delugo.info e www.fonmiña.es
O Xuirado estivo formado por representantes das institucións patrocinadoras e colaboradoras, e membros de Fonmiñá: Concello de Lugo (Nuria Mundiña, Concelleira de Cultura), Deputación Provincial-Vicepresidencia 1ª (Aurelia Balseiro, Directora do Museo Provincial), Xunta de Galicia e Xacobeo (X. Carlos Rodríguez Andina, Xefe Territorial de Cultura e Turismo), Universidade-Campus de Lugo (Paloma Lugilde), Caixa Galicia (Sinesio Díez), e por Fonmiñá, Carlos Rodríguez Arias (Vocal de video), Eduardo Rodríguez Ochoa (Vocal de Fotografía), Manuel Curiel (Director da Semana de Cine) e Xulio Xiz (Presidente do Grupo Fotocinematográfico).
Coa selección dos carteis presentados hase efectuar unha exposición, coincidindo coa celebración da Semana de Cine.
A entrega de premios terá lugar no decurso da xornada inaugural da XXXII Semana de Cine, o 27 de setembro
Fotografía: Carlos Rodríguez Arias
Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá