Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Presentado O Capital da Cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou no Centro de Estudios Caixa Galicia o libro O Capital da Cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia, coordinado por Víctor Freixanes e Alberto Meixide. Varela salientou que “a existencia dunha industria cultural potente, rendible e de calidade só é posible nun marco comercial rigoroso, no que a sostenibilidade da produción cultural ten que ter o seu asento básico no mercado”.

Segundo o conselleiro, “é imprescindible ter sempre en conta a perspectiva económica da cultura dende o punto de vista da xestión, debido a que o renacer dunha cultura e a fortaleza dunha lingua resultan imposibles se, no canto de concibir como un investimento os recursos que lle son atribuídos, acabamos por velos como un gasto”. Para Varela, o investimento en cultura ten que facerse como se fai na sanidade, na educación ou nas infraestruturas, “dentro dunha concepción integral e equilibrada do progreso”.

O conselleiro amosouse preocupado por aquelas industrias culturais que, como é o caso da produción de libros, “están mergulladas nunha profunda reestruturación dos mercados e dos soportes que os asisten”. Para Roberto Varela, poucas dúbidas poden cabernos de que “a relación entre produtores e consumidores de cultura marca unha pauta de orientación imprescindible para a creación de políticas culturais complementarias que se financian con recursos públicos”.

O titular de Cultura quixo destacar, así mesmo, a importancia que teñen as grandes infraestruturas destinadas “a potenciar a calidade da produción cultural, a demanda de producións de gran envergadura e o consumo de creacións e útiles que non caben nos parámetros da demanda privada ou das actividades ordinarias”. Nese sentido, o conselleiro gabou o proxecto da Cidade da Cultura, que será “o grande motor cultural que Galicia necesita, produtora de efectos que deben estenderse axiña por toda a comunidade”.

“Galicia está na xusta situación na que as industrias culturais teñen amplísima repercusión e profundo sentido, e bastaría botar unha ollada ao noso arredor para ver o importante que foi no noso país o desenvolvemento da industria audiovisual, a industria editorial, a produción musical e fonográfica, o Ano Santo, e todo o que ten que ver co noso patrimonio cultural material e inmaterial, e canto en torno del se move”, engadiu Roberto Varela. O conselleiro rematou a súa intervención louvando “a oportunidade” do libro O Capital da Cultura e a súa “abundante e rigorosa información”.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información